Recreación dun fragmento do Mosaico da Cigarrosa

MosaicoO alumnado das materias Proxecto competencial de 1º e de 3º de ESO realizou unha réplica dun fragmento dun mosaico romano, coñecido como o Mosaico da Cigarrosa, atopado nas proximidades do noso instituto no ano 1969 e tristemente desaparecido poucos meses despois. 
O proxecto levouse a cabo durante todo este curso académico dividido en tres fases: documentación e preparación dos materiais necesarios para a súa elaboración, construción da réplica do mosaico e difusión do traballo realizado. Foi unha tarefa ardua na que tamén colaborou puntualmente o resto do alumnado das distintas materias do Departamento de Latín.
Unha vez finalizado, o traballo, a réplica do mosaico deuse a coñecer no salón de actos do instituto, nun evento ao que asistiron, ademais de parte do alumnado e do profesorado do centro, algunhas persoas relacionadas coa historia e o estudo do Mosaico da Cigarrosa, entre as que se atopaba o arqueólogo Santiago Ferrer, que impartiu unha conferencia sobre o tema aos asistentes. 

Nestas fotos vemos unha mostra das distintas fases nas que se desenvolveu o proxecto educativo. Pódense ver máis fotos na Galería de Imaxes.

Mosaico02 Mosaico03 Mosaico04

Mosaico07 Mosaico05 Mosaico06