Como configurar a automatriculación de alumnado
Á hora de matricular ao alumnado nun curso, podemos facelo de dous xeitos principalmente:
- Matriculación manual: no que @ profe encárgase de matricular ao alumnado procurando o seu nome e apelidos. Esta opción é accesible desde o apartado de Participantes do curso ou desde o menú de Administración do curso > Usuarios > Usuarios matriculados. Máis información en Como xestionar os usuarios dun curso.
- Automatriculación: que permite que o alumnado se matricule no curso por sí mesmo.
Para configurar os métodos de matriculación iremos ao menú Administración do curso > Usuarios > Métodos de matriculación:
Normalmente aparecerá unha ventana como a seguinte:
Podemos activar ou desactivar cada método de matriculación facendo click no icono do "ollo" .
Podemos configuralo no icono da "roda" . No caso da automatriculación aparecerá unha pantalla como a seguinte:
Entre as opcións máis destacadas da configuración da automatriculación, a "Chave de matriculación" permite establecer un contrasinal que se lle pedirá ao alumnado que se queira matricular no curso e que @ profe deberá ter proporcionado antes ao grupo de alumnado. Por defecto o rol dos usuarios automatriculados será o de estudante (Student). Outras opcións permiten establecer un periodo de matriculación entre dúas datas, unha duración en días, etc.
Desde o punto de vista do alumnado que se quere automatricular nun curso, en primeiro lugar deberá procurar o curso no índice da Aula Virtual e para matricularse pediráselle a Chave de matriculación nunha pantalla como a seguinte: