Como crear e configurar un novo curso
Para crear un novo curso é preciso ser un usuario rexistrado da Aula Virtual, solicitar a creación do curso e agardar a que un/ha administrador/a o aprobe. Os primeiros datos necesarios para crear ou solicitar un curso son os seguintes:
- Nome completo do curso, segundo a nomenclatura proposta.
- Nome curto do curso
- Categoría do curso, aquí o formulario proporá unha categoría por defecto, que de non ser a axeitada o solicitante poderá cambiala.
Consulta máis información básica sobre os cursos para aprender sobre a nomenclatura e a clasificación de cursos.
Configuración dun curso
Unha vez creado o curso podemos "Editar a configuración" desde o menú lateral:
Algunhas opcións básicas que podemos e seguramente quereremos configurar son as seguintes:
- Visible: Esta opción determina se o curso aparece na lista de cursos.
- Resumo do curso: O resumo do curso presentase na lista de cursos.
- Formato do curso: Define como se estruturará o curso. A opción máis habitual é Formato por temas, que serve para organizar o curso por bloques ou unidades. Outra opción é Formato semanal na que o curso organízase por semanas a partires da data de inicio.
- Número de semanas ou temas: Permite indicar o número de bloques (semanas ou temas) nos que se organizará o curso.
- Permitir o acceso a convidados: Aquí podemos indicar se o curso estará aberto a convidados ou usuarios sen rexistrar.
- Contrasinal: Un contrasinal permite que o acceso ao curso dos convidados estea limitado só a aquelas persoas que coñecen o contrasinal.
Última modificación: luns, 30 de marzo de 2020, 10:55 AM