Skip to Content

Educación Física

LIGA INTERNA DE BÁDMINTON NO CHAMOSO

 

Un ano máis celebrouse a liga interna de Bádminton durante os meses de febreiro e marzo. Foi no pavillón do centro e nel participaron 45 alumnos nas categorías infantil e cadete tanto masculino como feminino.

Os catro primeiros clasificados de cada categoría participarán na Final  de Bádminton do programa Xogade o vindeiro 11 de abril.

FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2018

 

O día 18 de xaneiro celebramos unha nova edición da Final Comarcal de Campo a Través no incomparable marco do Puzo do Lago. A organización correu a cargo da Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte.

Grazas á colaboración tanto dos organizadores como dos particiantes!.

As clasificacións das diferentes categorías pódelas consultar aquí: Infantil feminino, Infantil masculino, Cadete feminino, Cadete masculino.

Tamén podedes ver as imaxes do evento neste enlace.

LIGA INTERNA DE FUTBOL SALA 2017

 Equipo "Descansa" gañador da liga 3º, 4º da ESO e 1º bacharelato

 

Equipo "Gorrillas" gañador da liga 1º, 2º da ESO 

 

Durante os meses de novembro e decembro celebramos, no pavillón do IES Chamoso Lamas, a liga interna de Futbol Sala.

Tratouse dunha competición moi reñida donde todos os equipos estiveron a un gran nivel.

Galería de fotos.

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut