LIGA INTERNA DE BÁDMINTON NO CHAMOSO

 

Un ano máis celebrouse a liga interna de Bádminton durante os meses de febreiro e marzo. Foi no pavillón do centro e nel participaron 45 alumnos nas categorías infantil e cadete tanto masculino como feminino.

Os catro primeiros clasificados de cada categoría participarán na Final  de Bádminton do programa Xogade o vindeiro 11 de abril.