Skip to Content

Educación Física

VISITA A SAN CIBRAO DE LAS

 

O día 8 de novembro, os alumnos de 2º da ESO visitaron o Parque Arqueolóxico de Cultura Castrexa de San Cibrao de Las.

Nesta xornada  participamos dunha visita guiada ao Castro e Centro de Interpretación e participamos dunha actividade donde puxemos a proba a nosa puntería e precisión na utlización de propulsores utilizados para a caza.

GALERÍA DE FOTOS

E ISTO E TODO AMIG@S...

Dedico este pequeno vídeo a todos os alumnos que participaron nas actividades deportivas durante este curso.

Deséxovos un bo verán e anímovos a que o curso que ven participedes moitos máis!

 

QUERES COÑECER OS RESULTADOS DA ENQUISA "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE"?

 

 

Desde o pasado mes de maio o alumnado do centro contestou a unha enquisa de forma anónima e voluntaria, onde respondeu a diferentes aspectos relacionados coa alimentación, os hábitos de actividade física e as súas preferencias de práctica deportiva tanto dentro como fóra do centro.

Os resultados obtidos serán de gran importancia para a oferta e  planificación das actividades deportivas do curso 2017/2018.

Preme aquí se queres votarlle un vistazo os gráficos.

Grazas pola vosa colaboración!!!

 

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut