Skip to Content

Primeiro trimestre 2023-2024

Primeiro Trimestre 2023-2024

20/10/23 XORNADAS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO AO SURF

Neste día celebramos as tradicionais Xornadas de Iniciación e perfeccionamento ao SURF nas praias de Esmelle e O Vilar nas que participou todo o alumnado de de ESO e FP Básica. Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte da man de Friends & Family surf School. 

 

9/10/2023  VISTA Á EMPRESA ACEBRÓN 

O alumnado de Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial visitou as instalacións da Empresa ACEBRÓN das Pontes. Esta visita está enmarcada no programa Aula de Emprendemto no que está a participar o noso centro e que está financiando polo Fondo Social Europeo. 
 
 
17/10/2023  VISTA AO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

O noso alumnado de 4º de ESO gozou dunha interesante visita proposta polo departamento de Lingua Castelá ao ARQUIVO DO REINO DE GALICIA na cidade da Coruña. Alí puideron contemplar unha gran variedade dos fondos que alberga, e chamáronnos a atención a orixe e antigüedade de algún deles que se remontan ao século IX.

Na actualidade, trátase dun centro de titularidade estatal con xestión transferida á  Xunta de Galicia, que recibe, custodia, comunica e difunde o valioso patrimonio documental de Galicia.

 

17/10/2023  VISTA AO MUSEO CIENTÍFICO DOMUS

Retomamos as saídas vinculadas ás materias dos diferentes cursos!!! Nesta ocasión os departamentos de Física e Química e Tecnoloxía programaron co grupo de 3º de ESO unha divertida VISITA AO MUSEO DOMUS, na cidade da Coruña. Realizaron un percorrido polas diferentes dependencias, e participaron no obradoiro “Autómatas de cartón”.

Marabillosa xornada na que compartiron o seu interese pola ciencia e tecnoloxía.    

   

18/10/2023  ENTREGA DE PREMIOS "ATRÉVETE A TER UNHA IDEA"

Neste día, tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, a cerimonia de clausura e entrega de premios do concurso “Atrévete a ter unha idea 2023” do programa EDUEMPRENDE proposto pola Consellería de Educación para o fomento do Emprendemento.

O IES Plurilingüe Castro da Uz participa neste programa por sétimo ano consecutivo. Nesta ocasión temos que dar a en hora boa ao noso alumnado de 2º de ESO que foi galardoado cunha experiencia nun parque de aventuras na natureza polo seu innovador proxecto REUTILIZA2-CASTRO  que consiste na fabricación de fío a partir de fibras obtidas de roupa reciclada.

Parabéns tamén para Iago Cebreiro  e Lucas Purriños que foron galardoados a nivel individual cunha tablet para cada un polas súas boas ideas emprendedoras .

Agradecemos enormemente a colaboración e participación da asociación de empresarios seara neste atractivo proxecto, e a profesora de Tecnoloxía Rebeca Gómez pola súa implicación.

Como centro receptor do programa Atrévete recibimos ós cursos 6º de Primaria do CEIP a Magdalena e CEIP A Fraga, e as os cursos de 5º e 6º do CEIP O Marbán das Somozas en diferentes xornadas nas que participaron empresarios da comarca nas que nos contaron as súas experiencias.

 

23/10/2023 OBRADOIRO PEGADA DIXITAL
 
Neste día, tivemos o pracer de contar no noso centro cun interesantísimo obradoiro sobre “ A identidade dixital e as Redes Sociais en menores”. Foi impartido por  AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta,  ao alumnado de 2º de ESO.
 

 

25/10/2023 VII CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL GALICIA SKILLS

O noso alumnado de FP Básica, Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos e Automóbiles e Ciclo Superior Dual de Mecatrónica Industrial, realizaron unha VISITA AO VII CAMPIONATO GALEGO DE FP GALICIA SKILLS 2023 no recinto ferial de Silleda.

Neste día, coñeceron as distintas especialidades de Formación Profesional e potenciaron as relacións dos centros nos que se imparten ciclos formativos coas empresas dos sectores correspondentes.

Unha xornada de aprendizaxe para o noso alumnado que pensa xa na seguinte convocatoria!!

 

30/10/2023 RCP NAS AULAS

Nestes días o noso alumnado está a practicar, coa colaboración da profesora Lorena Anca, as manobras de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP). Empregamos os monecos e o DESA, cedidos polo CFR de Ferrol.

31/10/2023 FESTA DE MAGOSTO E SAMAÍN

No IES Plurilingüe Castro da Uz celebramos a tradicional Festa do Magosto e Samaín!!!

Tivemos concursos variados: Relatos de terro, photocall literario na biblio, cabazas decoradas e pratos terroríficos!!! Éxito na participación e aínda por riba variedade e calidade.

Ademais contamos coa colaboración de ANPA Ronsel para preparar un bo magosto con bolos preñados, bebidas e por suposto ricas castañas asadas.

31/10/2023 VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO DOMUS

E seguimos coas saídas vinculadas ás materias dos diferentes cursos!!! Nesta ocasión os departamentos de Física e Química e Bioloxía programaron co grupo de 4º de ESO unha VISITA AO MUSEO DOMUS, na cidade da Coruña. Participaron no obradoiro “Como se desenvolven os fármacos”, converténdose en pequenos científicos por un día.

Interesante obradoiro no que afianzaron o seu interese pola ciencia, bioloxía e a tecnoloxía.

 

6/11/2023 MAQUETAS DOMUS LATÍN

O alumnado da materia de latín de 4° ESO introduciuse ao longo deste trimestre no mundo romano, coñecendo as vivendas típicas, a súa roupa e a súa forma de vida. Froito da súa aprendizaxe son estas maquetas da domus dos seus soños.

 

7/11/2023 CHARLA ADICCIÓN AO XOGO

Apostamos sempre por un entorno seguro, por un centro seguro, e loitamos pola prevención e promoción da saúde na adolescencia!!!!!

Este martes o alumnado de 4º de ESO e  FP Básica a asistiu a unha interesante charla sobre a adicción ao xogo impartida por Gerardo Rodríguez da asociación AGALURE.

 

13/11/2023 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2023

Desde o 13 de novembro ao 5 de decembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2024 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar.

Anímate, podes presentar dúas fotografias!! 

A temática das fotografías será:"DÍA A DÍA SOLIDARIO". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade, a fiel representación da solidaridade e a calidade artística da fotografía. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.

O concurso está aberto a alumnado, profesorado e persoal non docente.

mais información pinchando aquí 

17/11/2023 XORNADAS DE RUGBY

Un ano mais, da man de Carla e @edgartuly do @crfendetestas,  o noso alumnado  de 1° e  2° de ESO, gozou dunhas xornadas de introducción e perfeccionamento ao Rugby !!!

20/11/2023 VOLUNTARIADO ONG-SENVALOS 

Estes días o alumnado da materia Proxecto Competencial na ESO, está a a participar en varias actividades promovidas polo voluntariado da ONG SenValos en colaboración có Concello das Pontes e a nosa profesora Patricia Valdivieso.

O obxectivo é xerar achegamentos interxeracionais a través de actividades como obradoiros de costura ou coñecer dende dentro a maneira de traballar da Rondalla Vila das Pontes.

23/11/2023 LECTURAS LINGUA GALEGA

Neste trimestre, o alumnado de 1° ESO, na materia de Lingua Galega,  leu a obra Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.

A partir dela, elaboraron os cofres do tesouro pirata dos que falaban avó e neto, cheos de actividades, creatividade e mesmo moedas de chocolate! Ademais, crearon xogos da oca inspirados nesta historia que os achegou á realidade do alzheimer e á historia do Simbad Mariñeiro, unha das figuras máis coñecidas da literatura universal.

27/11/2023 ANDAINA SOLIDARIA

Neste día  e, no marco das actividades vencelladas ao 25N, realizamos unha Andaina Solidaria “Polo dereito a ser Nena”.

Esta actividade desenvolveuse en colaboración coa ONG Save The Children @savethechildren_es e está enmarcada en tres dos Plans Proxecta que desenvolvemos no noso centro: Pasaporte Solidario, Correspondentes Xuvenís e Por 365 días de Respecto e  Igualdade. 

O chuvioso día non nos detivo, cubrímonos con roupa e paraugas e completamos o percorrido solidario como estaba previsto.

28/11/2023 PUNTO VIOLETA

Haiche que ver oh!! Sintoniza a túa antena!!

Con motivo do 25N, contamos hoxe cun PUNTO VIOLETA proposto desde a área de Igualdade do @concellodaspontes.

Esta actividade dirixida por Rebeca e Araceli pretendía desenvolver cun sinxelo xogo,  unha acción de sensibilización sintonizando a súa “antena” contra as violencias machistas. (Campaña HVO- Haiche que ver oh)

29/11/2023 VISITA PULL & BEAR

Pull & Bear. Visitando o seu Centro Loxístico!!!  O alumnado do Ciclo de Administración e Finanzas do noso centro percorreu as instalacións desta empresa pertencente ao Grupo Inditex ubicada en Río do Pozo,  Narón.

Na visita puideron coñecer de primeira man as últimas tendencias de moda e a colección da roupa do vindeiro verán 2024!

Comprobaron que Pull&Bear evoluciona de maneira paralela ao seu cliente, sempre atento as novas tecnoloxías, aos movementos sociais e ás últimas tendencias artísticas ou musicais.

1/12/2023 CONTACONTOS  CAMERUNÉS

“CONTE AVEC MOI”

Un ano máis tivemos a sorte de recibir a visita de Samuel Mountoumnjou, o contacontos camerunés amigo dos animais. Coas súas historias comprendimos mellor o valor da amizade verdadeira,  a forza do corazón e a importancia de ser moderados.

“CONTE AVEC MOI” (“CONTA CONMIGO”) é un proxecto educativo enfocado no conto, que pretende fomentar a comunicación oral en francés, mediante a interacción oral, e que busca entre outras cosas, desbloquear inhibicións e complexos, fomentar a escoita activa e estimular a imaxinación e a creatividade literaria.

1/12/2023 RETOS INNOVATECH

Equipazo do Castro da Uz no InnovaTech!!

Os nosos equipos compostos  por alumnado dos ciclos Sistemas Microinformáticos e Redes e Desenvolvemento de Aplicacións Web,  participaron onte na xornada  de Lanzamento de retos InnovaTech celebrado no CIFP Univesidade laboral de Culleredo.

Os retos escollidos son:

Reto 4: Desenvolvemento dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización das condicións ambientais con FINSA

Reto 9: Sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maiores coa Fundación San Rosendo.

Moita sorte e disfrutade da experiencia!!

SEMANA DO 10/12/2023 AO 16/12/2023 DIXITAL WEEK

Na semana do 10 ao 16 de decembro, o noso alumnado de 4 de ESO  asiste á Dixital WeeK; trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar no concello de Carballedo nunhas instalacións nos Peares que a Xunta ten destinadas para tal fin.

A rapazada, está a desenvolver actividades relacionadas coas novas tecnoloxías: obradoiros de Robótica, impresión 3D, e deseño de páxinas web empregando o inglés como lingua vehicular.

O alumnado está aproveitando esta oportunidade para mellorar as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros tres institutos: o IES Cabo Ortegal de Cariño, IES Illa de Sarón de Xove e o IES Manuel Murguía de Arteixo.

Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer e rutas pola aldea dos Peares coñecendo o cruce dos tres ríos (Miño, Sil e Búbal)  

11/12/2023 VISITA Á EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

A música é arte, ensinemos a entender o arte!!

Onte o noso alumnado e profesorado de 3º e 4º de ESO tivo o pracer de visitar o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRAD) onde puideron contemplar unha ampla exposición de olerías e instrumentos musicais antigos.

Aproveitaron a viaxe para percorrer as inmediacións da Muralla de Lugo.

Día inesquecíbel!!

11/12/2023  XORNADAS MICOLÓXICAS

As Pontes, Terra de Cogomelos!!

O pasado luns, os nosos nenos  e nenas de 1º de ESO participaron nas xornadas micolóxicas organizadas polo @concellodaspontes.

Miño Guerreiro da Asociación Poupariña das Pontes, achegou ao alumnado á veira do río Madalena en Vilalba, onde tiveron a oportunidade de aprender sobre a identificación de especies,  cultivo de fungos, cogomelos domesticados máis comúns, etc

Obxectivo conseguido!! Espertar o sentido do olfacto micolóxico

 

14/12/2023 VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES DAS PONTES

“O CASTRO SOLIDARIO”

Esta semana os nenos e nenas de 3º e 4º de ESO convertéronse en Mensaxeiros interxeracionais do Nadal solidario. Achegáronse aos nosos maiores da Residencia A Magdalena das Pontes e intercambiaron cartas e lecturas que recibiron con moito cariño.

Non sabemos quen gozou máis, pero o que si sabemos é que uns e outros queren repetir a experiencia!!!

Esta actividade está enmarcada no plan proxecta Pasaporte Solidario que coordina a profesora Ana Belén Puente e ten como obxectivo entre outros incrementar as capacidades do alumnado para implicarse e desenvolver a súa labor solidaria vendo que son a base dun cambio social.

14/12/2023 VISITA A YACARCROSS

YACARCROSS. UNHA VISITA MOI ESPERADA!

Esta semana o noso alumnado de Ciclo Medio EVA e FP Básica de Automoción, visitou en Culleredo a empresa YACARCROSS. Esta naceu da experiencia na competición do seu fundador Perfecto Calviño (Bicampión Galego e Campión de España na categoría Car Cross) e do seu extenso coñecemento neste tipo de autos.

Comprobaron nas súas instalacións como Yacarcross dispón de avanzados equipos para a fabricación dos seus vehículos, con máquinas CNC e grupos TIG.

A nave de 500 m2 posúe a capacidade suficiente como para traballar na montaxe de varios vehículos de maneira simultánea.

18/12/2023 VISITA A EXPOSICIÓNS NA CORUÑA

ARTE e MODA.

O ARTE non sempre pretende representar a aparencia externa das cousas, senón o seu significado interior!! (Aristóteles)

Esta semana achegámonos á cidade da Coruña cos cursos de 3º e 4º de ESO para visitar a exposición sobre a obra do gran fotógrafo de moda HELMUNT NEWTON,  -Helmut Newton-Fact & Fiction- que organiza a Fundación Marta Ortega. Das súas fotos puidemos comprobar que tiña unha maneira singular de fotografar á muller e que a súa orixe xudía marcou toda a súa obra.

 Ademais fomos ata a Fundación Barrié para coñecer a exposición de calzado histórico do deseñador STUART WEITZMAN- Walk This Way-.  Sorprendeunos  o  enfoque  da mesma,  ao trazar  a evolución do calzado feminino en paralelo á evolución na forma de  vida, as costumes e as afeccións das mulleres.

 

19/12/2023 REPRESENTACIÓN TEATRAL "GOLPES"

Neste día tivemos o pracer de contar no noso centro coa obra de teatro  GOLPES, un monólogo teatral contra a violencia machista presentado pola compañía galega aAntena e interpretado pola actriz @Estíbaliz Veiga e @Xoséleis.

Con Golpes  ponse en escena un relato cru e directo de como unha moza vai cedendo nunha relación de parella desigual ata atoparse fóra da súa personalidade.

Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade  e ten como obxectivo principal a prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.

 

21/12/2023 FESTA DE NADAL

FESTA DE NADAL- CASTRO DA UZ FEST

Rematamos as clases do primeiro trimestre, e o último día antes de Nadal, celebramos no noso centro unha pequena festa con actividades moi diversas, como as clases de zumba no pavillón polideportivo dirixidas pola instrutora @lucia_danceo ou unha interesante charla: A viaxe dun enxeñeiro viveirense á FÓRMULA 1 impartida por @PabloTerroba enxeñeiro químico de ExxonMobil.

A media mañá Anpa Ronsel ofreceunos o tradicional chocolate con churros, ademais de sorprendernos cunha exquisita decoración.....

Continuamos oFESTIVAL NAVIDAD FESTno que toda a comunidade educativa participou, con talleres de Glitter bar e Tatuaxes temporais, un Photocall de Nadal  con cámara de fotos instantáneas e outro preparado por ANPA Ronsel... e, todo isto, amenizado por música ambiental.No Castro da Uz despedímonos con festa, pero agardámosvos para o vindeiro ano, para seguir a medrar todos xuntos!!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut