Skip to Content

Segundo trimestre 2023-2024

Segundo Trimestre 2023-2024

18/01/2024 VISITA A NAVANTIA

24/01/2024 VISITA A NERVIÓN

A empresa Nervión Naval Offshore das Somozas aposta pola FP Dual!!!

Onte, o noso alumnado e profesorado de FP Dual do ciclo medio de Soldadura e caldeiraría, acompañados por J. Antonio López, director do centro, e Óscar Pita, Dinamizador da relación con empresas na FP, visitaron a empresa NERVIÓN. Alí coñeceron de primeira man a súa actividade principal, a fabricación e o ensamblaxe de estruturas fixas (tipo  jacket) e flotantes, e a nova planta de compoñentes de eólica mariña na que van desenvolver a súa formación práctica a partir de abril.

Á visita tamén asistiu Eugenia Pérez, directora xeral de FP da Consellería de Educación, o IES de Fene e os centros integrados de FP Ferrolterra e Rodofo Ucha.

30/01/24 DIA DA PAZ

No hay camino hacia la paz, la paz es el camino. Mahatma Gandhi

Neste día celebramos o Día Escolar da NON Violencia e da PAZ 2024, e desde o departamento de Dinamización Lingüística en coordinación co plan proxecta Pasaporte Solidario propuxemos como actividade unha andaina solidaria cara ao lago das Pontes.

Coa axuda da profe de plástica, os nenos e nenas de 1º de ESO elaboraron diferentes pancartas rexeitando os conflitos armados q estamos a sufrir na actualidade.

Ao chegar ao lago atopámonos cunha agradable sorpresa, Anpa Ronsel agasallounos cun delicioso tentempé

Con luvas e pombas brancas expresamos o noso desexo dun mundo mellor.

5/02/24 VISITA AO XEOPARQUE DE ORTEGAL

O alumnado de 3º e 4º de ESO visitou o Xeoparque de Ortegal co xeólogo Francisco Canosa. Puideron observar rochas pouco habituais na superficie terrestre como peridotitas, escuras polo ferro; serpentinas verdes polo magnesio ou ecoloxitas con granates, que normalmente se atopan a 70-100 km de profundidade no manto terrestre. Observaron o val glaciar onde se atopa San André de Teixido e os cantís máis altos da Europa continental, desde a garita de Herbeira, a 640m de altura. Aos seus pés está a praia de Teixedelo, a única do mundo de areas negras de orixe non volcánico, polos minerais con moito ferro que forman as rochas características desta zona. 

No cabo de Ortegal, entenderon a razón dos Aguillóns, que resisten a erosión mariña, pola gran dureza das súas ecloxitas.
O bo tempo favoreceu que fora unha bonita xornada de aprendizaxe na natureza da materia de Bioloxía e Xeoloxía. 

6/02/24 VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO DOMUS

Robots garabateadores!!

Dende os departamentos de Física e Tecnoloxía organizouse una saída educativa para o alumnado de 3º de ESO. Tratábase dun oradoiro de Robótica no Museo Científico Domus na cidade da Coruña.

Comezaron construíndo un dispositivo móbil baseado nun motor vibrador, que rexistra o seu percorrido sobre a mesa, describindo formas caóticas inesperadas e garabatos incríbles. Un reto é conseguir “domar” o seu funcionamento traballando con pesos e contrapesos, modificando a súa forma e aspecto, o seu equilibrio ou variando calquera outro parámetro físico!

 

9/02/24 FESTIVAL DO ENTROIDO

Neste día puidemos gozar un ano mais dun ENTROIDO diferente. Festexamos unha das tradicións máis arraigadas na nosa cultura cun desfile de comparsas coordinado pola profe de música @anabelen_puente.

O Concello convidounos a comer freixós, e @anparonselcastrodauz, que decorou a nosas instalacións para a ocasión, agasallounos con orellas e bebidas a toda a comunidade educativa. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do festival no que o alumnado demostrou a súa creatividade con actuacións moi traballadas!!

 

15/02/24 VISITA RESIDENCIA DE MAIORES- COMPARSA GAÑADORA ENTROIDO

Nestes días o alumnado de 2º de ESO, que vén de gañar o desfile de comparsas do Entroido no Castro da Uz, visitou a Residencia de maiores das Pontes.

Esta actividade está enmarcada no plan proxecta Pasaporte Solidario que coordina a profesora Ana Belén Puente e ten como obxectivo entre outros incrementar as capacidades do alumnado para implicarse e desenvolver a súa labor solidaria vendo que son a base dun cambio social.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes nas que podedes comprobar como o alumnado demostrou a súa creatividade cunha actuación moi divertida.

19/02/24 OBRADOIROS NA ASOCIACIÓN AMIGUS

O noso alumnado de 2º de ESO participou nun Obradoiro de deseño 3D organizado pola Asociación Informática  AMIGUS das Pontes en coordinación có departamento de Tecnoloxía.

DE 21 AO 25/02/24 VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM

Día 1: O grupo comezou a aventura pola que estaba agardando dende inicio de curso: A súa viaxe de estudos con destino a ÁMSTERDAM. Tivemos a primeira toma de contacto coa cidade:Fixemos un percorrido polo barrio xudeu onde visitamos a coñecida Sinagoga Sefardí. Paseamos entre os canles do río Ámstel e o mercado das flores, para acabar na Praza Dam e a Praza Rembrandt. Apreciamos a arquitectura da zona con casas pintorescas, como a máis estreita, a máis antiga de madeira, e as casas inclinadas.

Día 2: Comezamos o día visitando o Nemo Science Museum. Alí pasamos a mañá explorando as diferentes salas de forma interactiva. Foi toda unha experiencia para poñer en práctica o noso coñecemento científico e tecnolóxico.

Pola tarde cambiamos a Ciencia pola Arte visitando o Vang Gogh Museum onde o alumnado sacou a súa vea artística apreciando as obras máis representativas do postimpresionismo. Despois dun tempo para compras e lecer rematamos a xornada coa tan agardada cea no Hard Rock Café!

Día 3: Neste día adentrámonos de novo na histórica cidade de Ámsterdam.Arrincamos o día visitando o Body Worlds Museum que conta cunha ampla colección de restos de corpos humanos e animais doados á ciencia para a súa exposición. Con isto refrescamos os nosos coñecementos de anatomía e fisioloxía.

Tras unha parada para comer, dirixímonos cara a Casa Museo de Ana Frank onde a historia que xa coñecíamos a través do seu diario nos deixou moi abraiados.

Ao anoitecer fixemos un percorrido en barco polos canais pasando entre as pontes e as maxestuosas edificacións que fan que esta encantadora cidade sexa coñecida como a Venecia do Norte. Unha experiencia para o recordo.

Día 4: Adaptándonos as costumes do país holandés, erguémonos cedo co fin de aproveitar o día. Pagou a pena, xa que nos esperaba unha bucólica paisaxe na vila de Zaanse Schans. Gozamos dun agradable paseo entre muíños e casiñas de conto e visitamos a feira de artesanía de zocas e a fábrica de queixos. Continuamos a xornada viaxando cara a cidade de Róterdam. Partindo das típicas casas cubo fomos percorrendo as súas rúas ata chegar ao mercado e ao museo de Arte Boijmans Van Beuningen característico pola súa fachada de espellos.Para rematar o día, despazámanos ata o centro político e institucional da Haia onde contemplamos os edificios máis representativos como o Palacio da Paz.

A pesar da choiva e o frío puidemos aproveitar un pequeno paseo pola zona da praia percorrendo o seu embarcadoiro.

Día 5: Volta a casa e fin da aventura! "Unha viaxe vívese tres veces: cando a soñamos, cando a vivimos e cando a lembramos"Sen dúbida un lugar cun feitizo especial ao que prometimos voltar!!

5/03/24 CHARLA USC HARRY POTTER

 

6/03/24 XORNADA PRELANZAMENTO CANSAT

Os nosos nenos e nenas de 3° e 4° de ESO participaron na Xornada Prelanzamento de Satélites Cansat 2024,  na que se reta ao alumnado de Secundaria a realizar unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos.

Os nosos equipos participantes, acompañados por Elena García Muiño, coordinadora de Polos Creativos, presentaron os seus proxectos e tiveron a oportunidade de falar un ratiño co Conselleiro de Educación Román Rodríguez.

A actividade está promovida pola Axencia Espacial Europea co apoio da Xunta de Galicia.

O vindeiro 23 de abril terá lugar a Xornada Final do lanzamento!!! 

15/03/24 CHARLA COÑECEMENTO DO PNEUMÁTICO

Neste día, o alumnado e profesorado de ciclos tivo a sorte de contar no noso centro con Andrés Teixeiro, profesor de Mecatrónica Industrial e David Tojeiro,  Enxeñeiro Mecánico.

No obradoiro puidemos aprender cosas ben interesantes sobre algúns conceptos que suscitan debate entre os expertos, así como os usos de chabots de Intelixencia Artificial, ou diversas cuestións sobre o montaxe de vehículos entre outras curiosidades.

21/03/24 VISITA AO PARQUE FERVENZAAVENTURA

A aventura paga a pena. Cada momento un recordo, cada recordo unha sensación!!!

O noso alumnado de 2º de ESO, gozou do seu merecido agasallo por gañar o premio no concurso do programa Atrévete a ter unha idea, onde foron galardoados cunha experiencia nun parque de aventuras na natureza polos seus innovadores proxectos.

Estivemos en FERVENZAVENTURA, un entorno privilexiado situado na veira do Sistema fluvial Ulla-Deza, Espazo protexido da Red Natura 2000, e inmerso nun paraxe rural cun gran valor etnográfico e cultural.

Alí, os grandes protagonistas foron os nosos nenos e nenas que desenvolveron actividades de multiaventuras como escalada en rocódromo, tirolina e tiro con Arco!!

22/03/24 PRESENTACIÓN PROXECTO MODA-RE 

Moda Re:Consumimos de xeito responsable e reciclamos! 

Dende a materia de Proxecto Competencial iniciamos no noso centro o proxecto solidario UPCYCLING coordinado pola cooperativa de iniciativa social MODA-RE promovida por Cáritas Mondoñedo-Ferrol.

Nestes días, estiveron con nos Marta Pazo e Raquel Pena, Secretaria Xeral e Traballadora social respectivamente, de Cáritas Mondoñedo Ferrol, impartindo un obradoiro para concienciar ao noso alumnado sobre

O impacto medioambiental da fabricación de roupa, que é a segunda industria máis contaminante do planeta e

O problema que supón a fast fashion do primeiro mundo nos países en vía de desenvolvemento, aos que volve en forma de residuos.

Durante os meses de abril e maio poderanse depositar no noso centro as prendas de roupa que xa non usemos, impulsando así a economía circular promovida neste proxecto.

Podedes colaborar no proxecto up cycling achegando a as túas prendas!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut