Novas
VACANTES CURSO 2020-2021
No documento adxunto aparecen as prazas vacantes para o curso 2020-2021
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O vindeiro luns 2 de marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro ás familias que queiran vir coñecelo. Será ás 18:30 e comezará cunha reunión na biblioteca.
CALENDARIO ESCOLAR 19-20
Velaquí o calendario escolar do curso 19-20. O noso centro tomará como días non lectivos, despois da súa aprobación pola Xefatura Territorial, o 20 de marzo e o 4 de maio.
PROBAS DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Felicitacións ás alumnas de segundo de bacharelato do noso centro CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS, LUCÍA ÁLVAREZ
MARTÍNEZ, ANTÍA GAGO ALONSO E VANJA VEIGA QUINTAS, polos seus resultados nas probas dos premios
extraordinarios de bacharelato. Os nosos máis sinceros parabéns.
A dirección.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE FONDO LIBROS
Xa está publicada no vestíbulo do instituto a listaxe na que se adxudan os libros de texto para o curso 2019-2020.
Pódese tamén consultar na propia aplicación e no arquivo adxunto.
A dirección.
Devolución dos libros de texto do fondo solidario
Comunicamos que a recollida dos libros de texto prestados polo fondo solidario da Consellería de Educación no curso 2018-19 farase na Aula 25 (enfrente Biblioteca) co seguinte calendario e horario:
- 1º ESO o mércores 26 de 10.00 a 10.30
- 2º ESO o mércores 26 de 10.30 a 11:00
- 3º e 4º ESO o mércores 26 a partir das 11:30
So devolverán os libros o alumnado que non necesite ningún deles para setembro (devolucións completas).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »