Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

ALMORZOS SAUDABLES

20/11/2017 08:30
20/11/2017 08:30

O luns 20 de novembro de 08:30 a 09:20 horas o alumnado de 2º ESO A participou nun almorzo saudable na cafetería do instituto.

MAGOSTO

06/11/2017 16:00
06/11/2017 17:40

Como todos os anos no IES Cabo Ortegal celebramos o magosto cunha xornada na que toda a comunidade educativa pasou unha tarde muy aimada de xogos populares e degustación de castañas asadas.

Non podemos olvidarnos de agradecerlle ao concello a súa colaboración proporcionándonos o asador para as castañas e os xogos populares.

 

ARLEN: O NOVO COMIC DE MARIO FRAGA

02/11/2017 12:05
02/11/2017 12:20
Xa está aquí o novo cómic de Mario Fraga, alumno de 1º de BAC, da editorial pasionporloslibros, xa está na biblioteca do nos IES.

 

CONCURSO DE SOBREMESAS DE HALLOWEEN

27/10/2017 12:05
27/10/2017 12:20

O departamento de Biblioteca celebra un concurso de sobremesas de halloween no que podían concursar todo o alumnado do centro. O venres 27 de outubro de 2018 tivo lugar o fallo do mesmo na biblioteca de 12:05 a 12:20.

As/Os gañadoras/es foron: David, Mónica, Ainoa, Elena, Clara, Cristina e Nerea

 

MELLORES EXPEDIENTES DO CURSO 2016-2017

24/10/2017 12:05
24/10/2017 12:20

O 24 de outubro entregamos os diplomas aos mellores expedientes do curso 2016-2017 do noso centro.

1º ESO: Paula Varela Cerezales

2º ESO: Laura Trinquete Rubido

3º ESO: Alicia Dorado Santiago

4º ESO: Mario Fraga Fernández

1º BACH: Carla Salgueiro Bereijo

Parabéns aos 5 premiados!!

MANIFESTO CONTRA OS INCENDIOS

O 16 de outubro, o alumnado de 2º de bacharelato leu un manifesto en apoio a todos aqueles que sufriron os incendios que asolaron Galicia a mediados de outubro.

O escrito elaborado pola alumna Claudia Sanjurjo Fontela pódese consultar no seguinte enlace: MANIFESTO

Incendios1 Incendios2

CHARLA CON SIMONE SAIBENE, DIRECTOR E GUIONISTA DA PELÍCULA "PELERINAXES" NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CARIÑO

09/10/2017 16:00
09/10/2017 17:40

O Concello de Cariño organiza, para todo o centro, unha charla con Simone Saibene, director e guionista da película Pelerinaxes o luns 9 de outubro de 2017 de 16:00 a 17:40 horas.

A película Pelerinaxes narra o camiño que fixeron en 1927 Otero Pedrallo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido e está inspirado no libro Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo.

Tamén se proxectou material fotográfico relacionado coa rodaxe do filme que o autor ía explicando aos presentes.

 

VISITA Á CAPELA 2017

06/10/2017 10:00
06/10/2017 14:00

O alumnado de 2º ESO realiza unha visita ao Museo Etnográfico de A Capela e ao CEIP de Mosteiro de Caaveiro en donde practicaron distintos xogos baixo a supervisión do alumnado do centro.


VISITA Á MINA DE DUNITA DE LANDOI

22/09/2017 10:30
22/09/2017 13:30

O venres 22 de setembro de 2017 o alumnado de 1º da ESO realiza unha visita á explotación mineira de Landoi invitados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia para conmemorar o Día Europeo dos Minerais. Primeiro tiveron unha charla e unha proxección sobre cómo se extrae e para qué se utiliza a dunita, despois realizaron un percorrido pola canteira, debidamente protexidos, e para finalizar foron agasallados cuns aperitivos para repoñer forzas. De esta actividade fíxose eco o diario La Voz de Galicia o sábado 23 de setembro de 2017.

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Nos seguintes enlaces figuran a relación dos libros de texto da ESO e Bacharelato para o vindeiro curso académico. Deberase pasar antes pola administración do centro para que todos aqueles que presentaron a solicitude do fondo solidario na Educación Secundaria Obrigatoria poidan coñecer exactamente os libros que hai que comprar:

Recordar tamén que o IES foi seleccionado como centro Edixgal en 1º da ESO, polo que os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún.

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS

Aberto o prazo para matricularse na Ensinanza Secundaria de Adultos: Módulo III (1º cuadrimestre) e Módulo IV (2º cuadrimestre).

Os interesados deberán pasar pola secretaría do centro a partir do venres 1 de setembro.

ANDAINA CABO ORTEGAL

O pasado venres 23 de xuño, celebramos a xa tradicional andaina de fin de curso, dirixíndonos este ano ao faro do Cabo Ortegal.

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

O pasado xoves 15 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 19:30 horas e a el asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.

O acto iniciouse co discurso da dirección do centro, pasando a continuación ao visionado de vídeos recordatorios, discurso do alumnado, actuacións e entrega de bandas e diplomas.

Dende o IES Cabo Ortegal queremos recoñecer e destacar a súa labor académica e transmitirlles os nosos mellores desexos para a nova estapa que comezan.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA

Aberto o prazo para presentar proxectos para a xestión e explotación da cafetería do centro dende o 20 de xuño ata o 26 de xuño, ambos incluídos.

Para máis información pódese consultar o seguinte enlace: INSTRUCIÓNS.

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado venres 19 de maio, celebramos na praza do Concello o día das letras galegas, cunha actuación da danza de arcos e unha interpretación coas gaitas do himno do antigo reino de galicia.

Imaxe1    Imaxe2

PREMIOS OLIMPÍADA DE QUÍMICA

O pasado venres 28 de abril, os mellores alumnos da XXXIV Olimpíada Galega de Química recibiron os seus premios en Santiago, entre eles o alumno do IES Cabo Ortegal Carlos Pernas Fraguela.

Premios

Noraboa, e moita sorte na fase nacional que se celebra o sábado 6 de maio en Madrid!

OLIMPÍADA DE QUÍMICA

Parabéns ao alumno de 2º de Bacharelato do noso centro, Carlos Pernas Fraguela, que vén de quedar en terceira posición na Olimpíada de Química dentro da provincia da Coruña, e décimo primeiro de toda Galicia, conseguindo así clasificarse para a fase nacional que se celebrará en Madrid o día 6 de maio.

CALENDARIO ABAU DEFINITIVO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario definitivo da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade deste curso 2016/2017: CALENDARIO.

Para máis información a cerca da proba recoméndase consultar a páxina da CiUG.

VISITA AO CUARTEL DO TERCIO NORTE E RUTA LITERARIA

O Departamento de Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, organizou unha visita ao cuartel do Tercio Norte na que o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato puido asistir a unha demostración canina en detección de drogas e de explosivos. Despois realizaron unha ruta literaria na que aprenderon da vida de Torrente Ballester.

Visita cuartel    Ruta literaria

ANDAINA CABO ORTEGAL, SAN XIAO E FORNOS

O Departamento de Biblioteca, en colaboración cos Departamentos de Bioloxía e Educación Física, organizaron unha andaina polo faro do Cabo Ortegal, San Xiao e Fornos orientados polo xeólogo Francisco Canosa e na que participou o alumnado de 1º e 2º da ESO.

Ruta cabo I    Ruta Cabo II

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Publicado no DOG a Orde do 2 de febreiro de 2017, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de presentación de solicirudes remata o 27 de marzo.

Pódese consultar máis información no seguinte enlace: AXUDASLE.

 

CHARLA REDEIRAS

O pasado 10 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO asistiu a unhas charlas nas que as redeiras de Cariño explicaron aos rapaces o seu traballlo.

Redeiras 1    Redeiras2

VISITA Á USC DO ALUMNADO DE 1º E 2º BAC

08/02/2017 08:30

O alumnado de 1º e 2º de BAC realizou unha visita a varias facultades do campus da Universidade de Santiago de Compostela e a unha residencia universitaria.

 

LUNS 30 DE XANEIRO DÍA NON LECTIVO

Recórdase que o vindeiro luns 30 de xaneiro non haberá clases xa que foi aprobado no Consello Escolar celebrado o 15 de setembro de 2016, quedando así establecido no calendario escolar do curso 2016/17 do IES Cabo Ortegal. As clases reanudaranse o martes 31 de xaneiro no seu horario habitual.

VIAXE DIDÁCTICA A MADRID

19/01/2017 00:00

O alumnado que cursa as materias de Latín e Grego realizou unha viaxe didáctica a Madrid

FELICES FESTAS!

Os nosos mellores desexos para estas festas e o ano novo que comeza!

Bo Nadal

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Postais gañadoras do concurso organizado polo departamento de Plástica para o alumnado de 1º da ESO

1º premio    2º premio

HORARIO E ACTIVIDADES 21 DECEMBRO

O mércores 21 de decembro rematarán as clases polo comezo das vacación de Nadal, reanudándose de novo o luns 9 de xaneiro no seu horario habitual.

Este último día previo ás vacacións (21 de decembro), haberá un horario especial, de 10 a 14 horas, no que se desenvolverán as diferentes actividades:

  • 10:00 horas: Chegada dos autobuses e subida do alumnado ás aulas.
  • 10:30 – 13:30 horas: Festival de Nadal na casa da cultura do Concello.
  • 13:45 – 14:00 horas: Entrega das notas do primeiro trimestre nas aulas correspondentes a cada grupo.
  • 14:00 horas: Fin da xornada escolar e saída dos autobuses.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut