O EQUIPO DE DEBATE DA ESO ACADA O PRIMEIRO POSTO NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE 2023

Como podes ver na imaxe, o equipo do IES de Becerreá acadou o primeiro posto na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2023 na categoría da ESO, despois de vencer nos tres debates realizados. Nesta primeira fase participaron un total de 24 equipos e 96 alumnas e alumnos. No primeiro encontro debatiron contra o equipo do "Colexio Internacional SEK-Atlántico". No segundo impuxéronse ao "Colexio San José", tamén lucense. No último, tiveron como contrincantes aos rapaces e rapazas do "Colexio Plurilingüe Santa María". Os máis sinceiros parabéns para Laura Montaña, Laura Núñez, David, Samuel e Xulio, que terán que acudir agora á fase final do torneo que, coma sempre, se desenvolverá no Parlamento de Galicia en Compostela.

O EQUIPO DE DEBATE DA ESO ACADA O PRIMEIRO POSTO NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE 2023

COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERRREÁ

Como xa é habitual unha vez chegado marzo, o IES de Becerreá comeza a súa andaina por unha nova edición do torneo de debate escolar "Parlamento Xove" (https://xuventude.xunta.es/parlamento-xove). Neste caso, comeza a fase clasificatoria do mesmo na categoría da ESO, na que está inscrito o equipo formado por David Montaña, Laura Montaña, Laura Núñez (os tres de 3º da ESO) e Samuel Miñambres (de 4º), coordinados polo profesor Xulio Teixeiro. Por primeira vez desde a súa posta en marcha, esta primeira fase do torneo celébrase no Carballiño (na Residencia do Tempo Libre), e non na Coruña como era habitual. O tema de debate é "Está preparado o Estado do Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?" Atendendo aos resultados obtidos ata agora, seguramente vexamos a este equipo debatindo na fase final, así que moito ánimo para as nosas rapazas e rapaces, desexando que disfruten desta oportunidade única para amosar as súas competencias oratorias desenvoltas nestes meses pasados de preparción. 

COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERRREÁ

UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ É O ÚNICO REPRESENTANTE LUCENSE CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA"

O alumno de 3º da ESO, Carlos Corral, acadou a participación na fase final da X Olimpíada Filosófica de Galicia, á que só acoden 4 alumnos/as en cada unha das categorías, como se pode ver na imaxe. Isto danos unha idea precisa do logro conseguido por Carlos, a quen felicitamos e lle desexamos a mellor das sortes para o día 2 de marzo.

UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ É O ÚNICO REPRESENTANTE LUCENSE CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA"

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2023

Ademais do vídeo que se presenta, AQUÍ podes ver unha selección de imaxes da xornada do venres 17 de febreiro.

UNHA ALUMNA DE 1º DE BAC ACODE A UNHA CLASE MAXISTRAL SOBRE A FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

Este é o propio relato da nosa alumna Sara de Alonso sobre a súa experiencia:

"O 10 día dez de febreiro fun a Santiago a unha clase maxistral sobre física de partículas, organizado por alumnas da Universidade De Santiago. Esta masterclass tiña a función de animar ás mulleres a estudar carreiras científicas, dándonos unha interesante charla sobre a física de partículas (aceleradores e detectores) e participamos activamente nunha investigación do CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas Elementais). Finalmente fixemos unha posta en común cos datos que obtivemos cada unha de nós durante a práctica".

Dentro do cículo vermello pódese ver a Sara acompañada do seu profesor de Física e Química, Antón Pérez.

UNHA ALUMNA DE 1º DE BAC ACODE A UNHA CLASE MAXISTRAL SOBRE A FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN NA BIBLIOTECA DO CENTRO

PREME AQUÍ para informarte sobre o evento desde a conta de Instagram da biblioteca. E AQUÍ para ver algunha imaxe do traballo desenvolto polo alumnado participante coa artista Laura Romero.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN NA BIBLIOTECA DO CENTRO

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2023

ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE PING PONG 2023 NO IES DE BECERREÁ

UNHA ALUMNA E UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPAN NA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA"

Sara de Andrés, de 1º de Bac, e Carlos Corral, de 3º da ESO, foron os representantes do centro neste evento (https://olimpiadafilosoficagalicia.weebly.com/), polo que acudiron á Facultade de Filosofía da USC para participar. Sara fíxoo dentro da modalidade de "disertación", dirixida ao alumnado de Bacharelato, paro o que tivo que elaborar un ensaio ou reflexión persoal argumentada sobre un subtema dentro do tema proposto para a olimpíada: "Fronteiras e xustiza global". Pola súa parte, Carlos inscribiuse na categoría de "dilema moral", dirixida ao alumnado dos dous últimos cursos da ESO, polo que tivo que abordar a resolución dun dilema moral proposto e ofrecer unha solución razoada e argumentada. Plenamente satisfeitos con esta primeira experiencia, están á espera de coñecer o resultado do traballo desenvolto.

UNHA ALUMNA E UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPAN NA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA"

UN EQUIPO DE 1º DA ESO PARTICIPA NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA.

O IES de Becerreá participou neste torneo desde os seus inicios (https://fundacionbarrie.org/torneo-debate-gal?newlang=galician), pero esta era a primeira vez que o facía cun equipo integrado por alumnado deste curso inicial da etapa secundaria. Isto ten un mérito especial para as/os compoñentes e o seu preparador (Xulio), xa que con só cinco meses escasos no centro e competiren con alumnado de 3º da ESO (máis experimentados), estiveron a punto de clasificarse para a fase final do torneo (despois de gañar o primeiro debate). Pese a todo, o mellor é comprobar como prendeu a semente do debate neste grupo vendo o seu desexo de participar, de novo, en futuras edicións que xa lles tardan en chegar.

UN EQUIPO DE 1º DA ESO PARTICIPA NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA.
Distribuir contido