Información XERAL

INFORMACIÓN SOBRE FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA COMPRA MATERIAL ESCOLAR 2020-21

PREME AQUÍ e descarga o documento elaborado coa información máis salientable para que as familias coñezan todos os detalles da solicitude de participación non Fondo Solidario de Libros de Texto (3º e 4º da ESO) e de Axudas para a Adquisición de Material Escolar (alumnado da ESO).E AQUÍ podes descargar o unha guía visual de axuda para cubrir correctamente o formulario de solicitude (Anexo I e II). Finalmente, ESTE é o formulario de solicitude en branco para cubrir polas familias solicitantes.

INFORMACIÓN DE INTERESE DURANTE A SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS.

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

PREMENDO AQUÍ poderás ler a información que a Consellería de Educación pon a disposición dos centros educativos e de cada comunidade escolar sobre este asunto.

CONVOCADAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO DA ESO E BAC

Premendo neste enlace, http://www.edu.xunta.es/axudasle, poderás acceder á nota informativa do 26 de febreiro sobre o procedemento para solicitar estas actividades, que teñen por obxectivo mellorar as competencias comunicativas nunha lingua estranxeira. Lembrade que o prazo de solicitude comeza o 27 de febreiro e remata o 26 de marzo.

INFORMARCIÓN SOBRE RESERVA DE PRAZA E SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Unha vez finalizado o prazo de entrega de solicitudes de admisión, comunicamos que todos os alumnos e alumnas que, procedentes doutros centros, solicitaron cursar estudos de Bacharelato no noso centro foron admitidos/as e figuran na listaxe provisional de admisión. Esta listaxe provisional pasará automaticamente a ser difinitiva se non se producen reclamacións á mesma. Desde hoxe, 4 de xuño, ábrese un período de tres días hábiles para formular reclamacións a esta listaxe provisional.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO LIBROS

PREME AQUÍ para coñecer a listaxe definitiva para o reparto de libros de texto do fondo solidario (3º e 4º ESO), que inclúe a cantidade e os títulos dos libros que corresponden, por renda, a cada alumno/a. Esta listaxe pode tamén consultarse nos taboleiros do centro, e quedará unha copia nas aulas correspondentes, para que o alumnado poida recordar, en todo momento, cales son os libros de texto en préstamo.

 

COMO DESCARGAR E UTILIZAR A APLICACIÓN "abalarMóbil" PARA AS FAMILIAS.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fill@s (incluídas as notas) a través do teléfono móbil  ou tableta dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

PREME AQUÍ para ver a guía publicada pola Consellería de Educación para descarga e aproveitamento da aplicación. E AQUÍ para ver o vídeo explicativo deste proceso.

GUÍA DO CURSO 2019-20 PARA AS FAMILIAS

Esta é a pequena guía do curso que contén información básica, de utilidade para as familias, sobre diversos aspectos do funcionamento do centro e sobre outras cuesitións relativas ao grupo do que forme parte o seu fillo/a. Está especialmente deseñada para os cursos da ESO, aínda que é de aproveitamento para todo o alumnado. Esta información complétase coa que xa está a disposición das familias e outra que se vai ofrecendo, desde este mesmo apartado da nosa web, ao longo do curso.

HORARIOS DE GRUPOS 19-20

CONSULTA AQUÍ os horarios dos grupos para o curso 2019-2020, coa materia ou materias correspondente a cada período e o nome do profesor/a que  a imparte.

CALENDARIO ESCOLAR DO IES DE BECERREÁ 2019-20

ESTE É O CALENDARIO ESCOLAR do presente curso, para coñecer ao detalle datas das avaliacións, xornadas non lectivas, efemérides, ...

Distribuir contido