UNHA ALUMNA E UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPAN NA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA"

Sara de Andrés, de 1º de Bac, e Carlos Corral, de 3º da ESO, foron os representantes do centro neste evento (https://olimpiadafilosoficagalicia.weebly.com/), polo que acudiron á Facultade de Filosofía da USC para participar. Sara fíxoo dentro da modalidade de "disertación", dirixida ao alumnado de Bacharelato, paro o que tivo que elaborar un ensaio ou reflexión persoal argumentada sobre un subtema dentro do tema proposto para a olimpíada: "Fronteiras e xustiza global". Pola súa parte, Carlos inscribiuse na categoría de "dilema moral", dirixida ao alumnado dos dous últimos cursos da ESO, polo que tivo que abordar a resolución dun dilema moral proposto e ofrecer unha solución razoada e argumentada. Plenamente satisfeitos con esta primeira experiencia, están á espera de coñecer o resultado do traballo desenvolto.

UNHA ALUMNA E UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPAN NA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA"