ROSALÍA E O IES DE BECERREÁ UNIDOS NUN GRAFFITI

ROSALÍA E O IES DE BECERREÁ UNIDOS NUN GRAFFITI

Aproveitando a iniciativa desenvolta e sufragada desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo, pensada para a celebración do Día de Rosalía, o muro frontal do noso centro foi o lenzo no que os artistas do Colectivo Circo (http://www.conceptocirco.com/) ligaron a figura da nosa poetisa co nome do  centro, nun graffiti que impresiona pola súa orixinalidade, calidade artística e polo rapidez coa que foi creado (apenas un par de horas). PREME AQUÍ para ver as imaxes do proceso e do resultado.

NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 21-22

Todo o alumnado solicitante de admisión como alumno/a do noso centro (3º ESO e 1º BAC) para o vindeiro curso foi admitido como tal, figurando na listaxe provisional que se atopa no taboleiro informativo interior do noso centro, podendo formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (31 de marzo), ante o Consello Escolar. De non haber ningunha, a listaxe pasará a definitiva, sendo publicada antes do 15 de maio.

ÉXITO DOS EQUIPOS DO IES BECERREÁ NA FASE DE CLASIFICACIÓN DO PARLAMENTO XOVE 2021

ÉXITO DOS EQUIPOS DO IES BECERREÁ NA FASE DE CLASIFICACIÓN DO PARLAMENTO XOVE 2021

Os equipos que representan ao IES Becerreá na presente edición do Parlamento Xove (http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove) acadaron a clasificación para a fase final do torneo, quedando en segundo (equipo de 2º de Bac) e terceiro lugar (equpo de 1º),  como se pode observar na imaxe que reflicte os postos e puntuacións acadados polos 20 equipos participantes, procedentes das catro provincias galegas. Estes resultados son consecuencia da dedicación que os coordinadores/as e alumnado participante desenvolven desde fai meses durante as fins de semana e períodos de vacacións. AQUÍ tes a imaxes máis salientables dos debates celebrados no centro por videoconferencia.  A fase final desenvolverase entre os 8 mellores equipos. Nela, o noso alumnado é o único que representa a un centro educativo da provincia de Lugo, e xunto co Colexio La Salle, o único centro que acada a clasificación dos 2 equipos para a fase final.

PARTICIPACIÓN DO IES DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE 2021

PARTICIPACIÓN DO IES DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE 2021

O sábado 13 de marzo comeza a fase clasificatoria da 12ª edición deste torneo de debate e, coma outras tantas veces, o IES de Becerreá participa no mesmo con dous equipos de Bacharelato, co obxectivo de clasificarse para a fase final quedando entre os oito mellores equipos desta primeira fase. O equipo de 1º de Bac está formado por Ainhoa, Alba, Anne, Higinio e Noelia, estando coordinados pola profesora Ana Canabal. O equipo de 2º de Bac, está constituído por Marcela, Martín, Paula e Tamara, sendo o seu coordinador Xulio, quen tamén é o responsable desta actividade desde a nosa primeira participación no concurso precursor do actual, a "Liga de Debate".

ESCRITORES DE REFRESCO NO IES DE BECERREÁ

ESCRITORES DE REFRESCO NO IES DE BECERREÁ

O alumnado de 2º da ESO participa no concurso de relato
corto “Jóvenes talentos”
, que organiza a fundación Coca-Cola na
súa edición número 60.

Nesta convocatoria, a
organización do certame engadiu unha nova modalidade de participación: o relato
colaborativo
entre entre o alumnado da clase, para
o que utilizaron a aplicación padlet.

A segunda
modalidade consiste na tradicional redacción dun relato a partir dun
elemento motivador
, que será extraído do texto gañador do certame colaborativo.
Neta ocasión, por mor das circunstancias sanitarias, o concurso
non será presencial, senón en liña
a través dunha plataforma creada a tal efecto. Para
representar ao noso cento foron elixidos Aitor Galán e Samuel Miñambres, que
exprimirán a súa imaxinación o venres 12 de marzo.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, NO IES DE BECERREÁ

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, NO IES DE BECERREÁ

PREME AQUÍ para coñecer ao detalle (con vídeo incluído) como celebramos esta importante xornada.

AQUÍ podes ver unha selección de imaxes da exposición multidisciplinar realizada para a conmemoración desta xornada.

CONFERENCIA TELEMÁTICA PARA ALUMNADO DE 2º DE BAC

CONFERENCIA TELEMÁTICA PARA ALUMNADO DE 2º DE BAC

O alumnado da materia de Fundamentos da Administración e Xestión (2º Bac) asistiu a unha conferencia telemática o día 3 de marzo, organizada polo Departamento de Economía do noso centro. Enmarcada dentro do programa de charlas temáticas da Universidade de Santiago de Compostela, esta conferencia levaba por título “As patentes como ferramenta de innovación” e foi ofrecida polo profesor Juan Manuel Garrido Fernández, do Departamento de Enxeñería Química da USC. A charla tiña por obxectivo ofrecer unha información básica do que é e para que serve unha patente, mediante a presentación de múltiples exemplos, ao tempo que se analizaba a baixa produción española de patentes.

O ALUMNADO DE 2º DA ESO PROTAGONIZA A CELEBRACIÓN DO "DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021" NO IES DE BECERREÁ.

 

O día 11 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data establecida en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para promover a participación plena e equitativa das mulleres, adolescentes e nenas na ciencia.

 

PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

Esta 3ª edición do TDAG, organizado pola Fundación Barrié (https://fundacionbarrie.org/iii-torneo-debate), terá lugar do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2021. O equipo que representa ao noso centro está composto polos membros que podedes ver na foto (de esquerda a dereita): Xulio (profesor preparador), Martín (2º Bac), Alba (1º Bac), Lucía ( 2º Bac) Marcela (2º Bac) e Xiao (2º Bac). O seu primeiro debate telemático terano hoxe luns 25, ás 19:00 horas, contra o 2º equipo do Colexio Santiago Apostol. O segundo enfrontamento será o mércores 27, ás 17:00, co Colexio Cluny (2º equipo), e rematarán esta primeira fase debatendo contra o 3º equipo do Colexio Peñarredonda, o venres 29 ás 15:00. Os 16 equipos con mellor puntuación pasarán á fase final, que se celebrará o día 5 de febreiro con debates presenciais na Coruña. Todos os debates desta primeira fase emítense en directo a través da canle de youtube da Fundación Barrié, e poden acceder a eles a través do enlace dispoñible ao inicio deste texto.

INFORMACIÓN SOBRE POSIBLE CAMBIO DE XORNADA NO INSTITUTO

No apartado "FAMILIAS - Información XERAL" poden atopar información sobre esta posibilidade de cambio, que sería efectiva, de producirse, a partir do curso 21-22.

Distribuir contido