INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

PRESENTACIÓNS:

  • ESO: mércores, 11 de setembro de 2024 ás 10:00 horas.
  • BACHARELATO: mércores, 11 de setembro de 2024 ás 12:00 horas.

COMEZO DAS CLASES:

  • ESO: mércores, 11 de setembro de 2024, despois das presentacións.
  • BACHARELATO: xoves, 12 de setembro de 2024 ás 9:10 horas.

IMPORTANTE (USARIOS COMEDOR): está publicada no taboleiro de anuncios do IES de Becerreá a listaxe de usuarios admitidos no comedor escolar para o curso 2024-2025.

IMPORTANTE (USUARIOS TRANSPORTE): o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade desde o 11 de setembro de 2024 (día de comezo das clases). Todas as paradas solicitadas están concedidas.

TEATRO PARA DESPEDIR O CURSO 23-24

VIII PREMIO IES BECERREÁ Á DIFUSIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA NA COMARCA DOS ANCARES

Este é o vídeo que recolle o acto desenvolto para entrega do premio ao colectivo feminino de pandereteiras "Son de Cores". AQUÍ  tes tamén outra información sobre o acto.

DATAS PREFERENTES DE MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25

ESTE É O CALENDARIO no que se recollen as datas preferentes de matrícula para o vindeiro curso 24-25, período que abrangue desde o 25 de xuño (o 24 é festivo local en Becerreá) ata o luns 8 de xullo (incluídos). Prégase que se respecten estas datas preferentes para facilitar a tarefa de xestión das matrículas o dos servizos complementarios (transporte e comedor). A documentación necesaria para a matrícula será entregada previamente ao alumnado, pero, se fora necesario por calquera razón, tamén dispoñen dela na "secretaría virtual" da nosa páxina web.

II ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3

Por segunda vez nestes encontros deportivos e de convivencia no que participa alumnado da ESO da Montaña Lucense, e que se desenvolven ao abeiro do programa "Xogade", tivo lugar este torneo de baloncesto 3x3 no polideportivo municipal de Becerreá. Coma sempre, participaron  alumnas e alumnos dos centros de San Román, Courel, Navia, Pedrafita e Becerreá (de 4º  da ESO no noso caso). Igual que na edición pasada, e co obxectivo de aumentar a orientación convivencial e lúdica desta actividade, mesturouse alumnado dos distintos centros en todos os equipos, tanto na categoría feminina como masculina. AQUÍquedan as imaxes que reflicten o ambiente do encontro. Vémonos no seguinte!

II ENCONTRO COMARCAL ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3

ALUMNADO DE 2º DA ESO PARTICIPA NO 6º CONGRESO CIENTÍFICO ESCOLAR DA MONTAÑA LUCENSE.

AQUÍ tes a información sobre o evento, e AQUÍ algunhas das imaxes da xornada.

ALUMNADO DE 2º DA ESO PARTICIPA NO 6º CONGRESO CIENTÍFICO ESCOLAR DA MONTAÑA LUCENSE.

EXCURSIÓN Á COSTA LUCENSE PARA O ALUMNADO DOS CLUBS DE LECTURA.

49 alumnas e alumnos que participaron este curso nos distintos clubs de lectura do centro asistiron a unha viaxe organizada desde a biblioteca escolar. Unha viaxe en barco pola Ría de Ribadeo e a visita á Praia das Catedrais (con algún inesperado chapuzón incluído), e a outras da costa lucense, conformaron os actos centrais desta excursión para este grupo de lectoras e lectores dos distintos grupos da ESO. PREME AQUÍ se queres ver algunhas imaxes da viaxe.

EXCURSIÓN Á COSTA LUCENSE PARA O ALUMNADO DOS CLUBS DE LECTURA.

UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ILUSTRACIÓN DE NOVELAS GRÁFICAS, UN QUIZ EN INGLÉS, DÚAS OBRAS DE TEATRO EN INGLÉS E DOUS PREMIOS PARA DÚAS XOVENES ILUSTRADORAS DO CENTRO.

Cun mes de maio repleto de actividades complementarias para o noso alumnado, aquí che deixamos imaxes destas catro actividades desenvoltas nestas semanas.

AQUÍ están as fotos sobre a exposición e charla que explicaba a creación do cómic titulado O PASO DO NOROESTE, debuxado polo ilustrador viveirense Primitivo Marcos, e que se complementaba cunha segunda charla que levaba por título "Contar debuxando (banda deseñada, ilustración e Castelao)".

IMAXES do Quiz sobre a vila de Becerreá. Alumnado da ESO e Bacharelato puxo a proba o seu coñecemento sobre a comarca, pero empregando a lingua inglesa, cun formato moi interactivo e participativo: o concurso de preguntas trivial. O mellor foron os goodies, ou premios que recibiron os / as gañadores e participantes neste singular concurso.

APRENDENDO SOBRE MINERÍA E FÓSILES EN FABERO DEL BIERZO

Alumnado da materia de Bioloxía de 1º da ESO e de Física e Química de 2º acudiron á localidade berciana para visitar o Pozo Julia, onde recibiron información sobre a actividade mineira e puideron coñecer as instalacións dun pozo. Ademais, visitaron outra vella explotación mineira, a Gran Corta, onde puideron observar e estudar fósiles de plantas duns 300 millóns de anos. AQUÍ podes ver as imaxes máis salientables desta interesante xornada.

APRENDENDO SOBRE MINERÍA E FÓSILES EN FABERO DEL BIERZO

VIAXES DO ALUMNADO DE RELIXIÓN A ASTORGA E Á RIBEIRA SACRA

AQUÍ podes ver as imaxes da viaxe realizada polo alumnado de Relixión de 1º, 2º e 3º da ESO a Astorga, e AQUÍ as fotos da viaxe á Ribeira Sacra, á que acudiron os alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de Bac.

Distribuir contido