REMATE DAS ACTIVIDADES DO "CORRELINGUA 2020" NO IES DE BECERREÁ

Como remate da campaña de actividades desenvoltas ao redor do Correlingua 2020, no IES de Becerreá tivo lugar o 21 de decembro a última destas actividades cun acto que será presentado polo actor Anxo Manoel Lamelo (do grupo Lucecús Teatro) e no que actuou (marabillosamente) o grupo musical Biribirlocke. Na parte inferior queda o vídeo do acto (a partir do minuto 10:25), e o acontecemento foi retransmitido en directo a través de Youtube. Pechará esta campaña do Correlingua 2020 a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro. O acto contou coa participación directa do alumnado de 1º de Bac, non podendo facerse extensible a tod@s por mor da situación de emerxencia sanitaria.

A EXPOSICIÓN "CARBALLO CALERO EN LUGO" CHEGA AO IES DE BECERREÁ.

PREME AQUÍ o infórmate sobre o contido e obxectivo desta exposición, instalada no centro durante a segunda semana do mes de decembro.

A EXPOSICIÓN "CARBALLO CALERO EN LUGO" CHEGA AO IES DE BECERREÁ.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PREME AQUÍ para informarte  das actividades desenvoltas no centro con motivo da cebración do Día Contra a Violencia de Xénero.

Aquí quedan os enlaces aos dous vídeos nos que se mostran as nosas iniciativas desenvoltas este ano.

VISITA AO ACIÑEIRAL DE CRUZUL

Nunha actividade organizada polo departamentos de Xeografía e Educación Física do centro, unha parto do alumnado da ESO achegouse ata este enclave do Concello de Becerreá para descubrir as características do aciñeiral máis septentrional de Europa.PREME AQUÍ para coñecer os detalles da actividade.

VISITA AO ACIÑEIRAL DE CRUZUL

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

AQUÍ tes toda a información sobre os actos desenvoltos no instituto para conmemorar esta data, que entre outros incluíu a asistencia de parte do alumnado da ESO e Bac a unha videoconferencia realizada pola bióloga lucense Sonia Villapol, desde o seu centro de investigación en Houston (USA), charla que se desenvolveu na nosa lingua.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

SAMAÍN 2020

A pesar da situación tan especial provocada pola crise sanitaria, no noso centro non deixamos de celebrar as tradicións nin desaproveitamos as actividade que enriquecen a vida cotiá do centro. Así,  pese ás dificultades, o Equipo de Dinamización Lingüística desenvolveu esta primeira actividade do curso, da que te podes informar premendo AQUÍ.

SAMAÍN 2020

AINHOA E ANDREA, ALUMNA E EXALUMNA DO CENTRO, PROTAGONIZAN O ACTO DO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL" NA DEPUTACIÓN DE LUGO.

Na Deputación de Lugo tivo lugar o acto de conmemoración desta efeméride, e as dúas protagonistas deste acto foron escollidas como tales pola elaboración do vídeo que presentaron durante o confinamento derivado da pandemia da Covid-19, e que podes VER AQUÍ.

Se premes AQUÍ, podes acceder a toda a información sobre o acto recollida na prensa lucense, e estas son IMAXES que recollen distintos momentos do acto.

Os nosos parabéns a Ainhoa e Andrea pola súa iniciativa e pola perfecta simbiose de imaxe e poesía acadada no seu vídeo, así como pola súa toma de conciencia e exemplo como mulleres, mulleres rurais e mulleres comprometidas.

AINHOA E ANDREA, ALUMNA E EXALUMNA DO CENTRO, PROTAGONIZAN O ACTO DO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL" NA DEPUTACIÓN DE LUGO.

O EQUIPO SUBCAMPIÓN DO PARLAMENTO XOVEN 2020 RECIBE OS SEUS PREMIOS.

As catro compoñentes do equipo que participou na categoría da ESO no Parlamento Xoven 2020, no que acadaron o subcampionato deste torneo galego de debate escolar, así como o seu coordinador, recibiron o premio correspondente a este logro. Así, ademais do diploma que as acredita como participantes na última edición do torneo, foron recompensadas cunha tableta dixital á que seguramente lle sacarán un bo partido. Na foto podes ver aos cinco compoñentes do equipo amosando o premio (de esquerda a dereita: Nerea, Ainhoa, Alba, Anne e Jesús).

O EQUIPO SUBCAMPIÓN DO PARLAMENTO XOVEN 2020 RECIBE OS SEUS PREMIOS.

GUÍA DO CURSO 2020-21 PARA AS FAMILIAS

Xa está dispoñible a guía do curso 20-21 para as familias. Podes atopala no apartado "FAMILIAS-Información XERAL".

O NOSO CENTRO É O SEGUNDO INSTITUTO DA PROVINCIA DE LUGO CON MELLORES RESULTADOS NA ABAU ORDINARIA 2019-20.

Cun 100% de aprobados  na convocatoria ordinaria da ABAU desenvolta en xullo deste ano, o noso centro sitúase no 2º lugar entre os da provicia de Lugo, así como no grupo dos 10 primeiros de Galicia no que respecta ás cualificacións obtidas polo noso alumnado nestas probas. Despois da alteración que supuxo para todos nós a aparición da Covid-19 e das dificultades que tiveron que superar o profesorado, familias e alumnado de todos os niveis educativos, queremos transmitir os nosos parabéns ao alumnado de 2º de Bac, que nestas circunstancias amosaron compromiso e dedicación suficientes para superar o curso e posteriormente, aqueles e aquelas que optan por iniciar estudos de grao universitario, obter todos e todas un resultado positivo e destacado. Desexamos a Pablo D., Valeria, Bruno, Pablo F., Yolanda, Laura, Miguel, Elisa, Álvaro, Samara e Johana a mellor das sortes no proceso de admisión aos graos da súa elección e reiteramos  a nosa felicitación pola súa actitude e polos seus logros.

Distribuir contido