ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ESOPÍAS

Por primeira vez organizouse no noso centro, coordinado polo Departamento de Matemáticas, un concurso de esopías, no que o alumnado participante tiña que elaborar un relato, comentario ou poema cun máximo de 141 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número Pi. Estas son as primeiras cifras do número Pi:3.14159265358979323846264338327. A lonxitude de cada unha das palabras que formen a esopía será cada un destes sucesivos números, que en total suman 141 (a primeira palabra tería 3 letras, a segunda 1, a terceira 4, ...). O concurso organizouse en dúas categorías. Nunha delas participou alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO; na outra, o de 4º e 1º de Bac. Houbo tamén un premio especial para unha esopía elaborada en francés polo alumnado da materia de 3º da ESO. AQUÍ podes ver imaxes do acto de entrega de premios e ESTAS son as esopías que participaron neste orixinal e novidoso concurso.