Programacións
Mapa do medo
Cuestionario realizado polas alumnas da materia de Coeducación para o Século XXI
Poñemos á vosa disposición este formulario para que poidades colaborar no Mapa do Medo de Ponteareas, como proposta socioeducativa das alumnas da materia de Coeducación para o Século XXI de 1º de BACH do IES do Barral.
O proxecto do Mapa do Medo de Ponteareas ten coma obxectivo visibilizar os casos ou as experiencias, propias ou alleas, de violencia machista no espazo público (nalgún lugar de Ponteareas e/ou do instituto), co obxectivo de sinalar no mesmo os sitios inseguros ou perigosos.
Por violencia machista entendemos a discriminación por condición de xénero, o acoso verbal, físico, psicolóxico... as agresións sexuais, a violación... e incluso os espazos físicos onde non vos sintades seguras.