Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Bolsas e axudas

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Só se presentará solicitude para AXUDA DE MATERIAL e terán dereito a ela as familias con renda per cápita igual ou menor a 10.000€, xa que o centro é beneficiario do programa E-DIXGAL para todos os cursos.

 

PRAZO: Do 21 de maio ao 21 xuño 2024 (ambos incluídos)

DOCUMENTACIÓN:

1. Anexo I e II. (Se quere xustificante de entrega, deberá traer a copia do Anexo I cuberto).

2. Fotocopia do libro familia

3. Fotocopia da sentencia separación ou convenio regulador, de selo caso.

 Para información máis ampliada pinche aquí

Orde no DOG

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

 

1. Forma de presentación.

A solicitude será única para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25.

A solicitude presentarase PREFERIBLEMENTE POR VIA ELECTRÓNICA no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) ou certificado dixital.

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude de xeito presencial nos centros docentes ou calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do

procedemento administrativo común.

2. Prazo para presentar as solicitudes: iníciase o 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

3. Documentación complementaria necesaria (orixinal e fotocopia).

Xunto coa solicitude (anexo I) deberán achegar a seguinte documentación:

a) Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

c) En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

d) Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se poida acreditar coa documentación citada no punto b) e c) achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela.

e) Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, de ser o caso.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022.

4. Obrigas das persoas beneficiarias.-

• Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Axuda para adquirir material escolar.-

A contía de axuda para adquirir material escolar para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € será de 75 € e superior a 6000€ e igual ou inferior a 10.000€ será de 60 €.

6. Renda per cápita familiar.

A renda per cápita familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 entre o número de membros computables.

Cando presentase declaración do imposto sobre a renda do ano 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460). Cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

7. Publicación das listaxes:

Publicación das listaxes provisionais o 12 de xullo de 2024.

Publicación das listaxes definitivas o 26 de xullo de 2024.

8. Lexislación axudas material

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

(DOG núm. 96 do 20 de maio de 2024)

Axudas para actividades en linguas estranxeiras

 ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

Bolsas Eurolingua para Irlanda

Bolsas para cursos de inglés en Irlanda

Distribuir contido