Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Novas

Exmouth 2024. Inmersión lingüística

Un ano máis viaxamos a Reino Unido para sumerxirnos na súa cultura a través da súa xente e da súa lingua. Días de convivencia intensa, de aprendizaxe, de emocións e de conversas que non esqueceremos…

Axudas para actividades en linguas estranxeiras

 ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

The Big Challenge

Non podemos máis que felicitar ao noso alumnado polos excelentes resultados no concurso a nivel nacional The Big Challenge! Well done!!

Inmersión lingüística. Exmouth

Xa estamos de volta despois dunha semana que serviu para coñecernos, escoitarnos, falarnos comprendernos... Unha semana de intensa aprendizaxe convivindo con familias inglesas, aprendendo a súa lingua, os seus costumes e o seu xeito de ver a vida. Sete días de camiños, de lugares, de historia e de tradicións.
Moito esforzo e moita ilusión que nos traen se volta con ganas de máis!!

Moving On Theatre

O pasado xoves o alumnado de 4º de ESO pasouno xenial participando na xornada de teatro con Moving On Theatre. Grazas polo bo rato, por toda a aprendizaxe e grazas sempre ao alumnado que participou cun sorriso e moito bo humor!

Bolsas Eurolingua para Irlanda

Bolsas para cursos de inglés en Irlanda

Tree full of wishes

Comezamos o ano con moitísimos bos desexos que o alumnado de primeiro de ESO recolleu neste video para que puideran chegar a todo o mundo. Grazas unha vez máis polo traballo tan ben feito!!

Penpals

Impresionante o traballo do alumnado!! Tiñamos un obxectivo: facer que “a nosa contorna” cruzara fronteiras. Apareceu unha oportunidade e decidimos empezar un intercambio de cartas cunha escola de Reino Unido. Comezamos cunha tradición moi británica: as postais de Nadal e a aproveitamos para abrir unha porta para poder mostrarlles como vivimos, como pensamos, como somos... Ahí van no correo cheas de ilusión e xa estamos esperando que as rapazas británicas tamén nos conten. Así aprenderemos como é a súa contorna e a través diso máis da nosa.
Non se pode traballar máis e mellor, con máis ilusión e máis cariño. E isto é só comezo!!

Distribuir contido