Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Actividades

EDUARDO SÁENZ DE CABEZÓN NO IES DO BARRAL

O matemático e divulgador científico Eduardo Sáenz de Cabezón fixo unha visita ao IES do Barral o pasado 14 de febreiro para impartir unha charla ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

Eduardo Saenz de Cabezón é coñecido por ser o conductor dende 2019 do programa "Órbita Laika", que se emite na 2 de TVE, pero a súa traxectoria é ben máis ampla. Doctor en Matemáticas e profesor da Universidade da Rioxa, é membro fundador do grupo de divulgación científica Big Van Ciencia. Colaborador de programas de radio e televisión, ten escrito varios libros de divulgación matemática como "Inteligencia matemática", "Apocalipsis matemático" ou "Gardner para aficionados: Juegos de matemática recreativa", asi como "El árbol de Emmy", unha biografía da matemática Emmy Noether.

       

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS

CONCURSO DE CURTAMETRAXES

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS

 O Departamento de Matemáticas do IES do Barral desenvolveu a nivel de centro o concurso "Explicoche Matemáticas" convocado pola USC. O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes breves nas que se explique en galego un concepto matemático.
      

GAÑADORES

             1º PREMIO                                        2º PREMIO

   Alba Rivas Bernárdez                        Ainhoa Arriola Pérez
       1º Bacharelato A                       Pedro Martínez Martínez
                                                                   Darío Pérez Paz

                                                                      4º ESO A e B   

              VÍDEO                                           VÍDEO 

 
 

Microcharla: "A historia dos números"

No marco da Semana das Ciencias que se celebrou en Ponteareas na última semana de Abril de 2017, dous dos nosos alumnos de 1º de Bacharelato pronunciaron unha microcharla sobre "A historia dos números". Estas son as imaxes do evento.

Actividades

ACTIVIDADES CURSO 2015/2016

 

1. PARTICIPACIÓN DOS ALUMNOS DE 3º DA E.S.O EN IMATXINA.

 

2. CONCURSO DE PAPIROFLEXIA:

" MATES+PAPEL

=

TYRANNOSAURUS REX"

AQUÍ PODES VER ALGUNHAS FIGURAS DE PAPEL FEITAS POLOS NOSOS ALUMNOS.


   

 

Distribuir contido