Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Castelao cumpre 125 anos

 

 Este domingo, 30 de xaneiro de 2011, Castelao, a figura máis relevante da Galiza do século XX, cumpre 125 anos.

Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Nel reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político.

 "Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte."

"A nosa lingua vive porque aínda temos moito que dicir nela."

"Ningún idioma alleo, por ilustre que sexa, poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego. Se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma."

(Castelao)




  • Para afondar na súa vida e na súa obra:
  • Para rir un pouco:

http://www.tubegold.pl/video/jDLrQOpE4is/