Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Proxecto "EMBARCÁMONOS CONTRA O CORONAVIRUS"

Durante o periodo de confinamento, o alumnado de 1º ESO realizou un proxecto interdisciplinar sobre a viaxe da expedición Balmis, que en 1803 levou por todo o mundo a vacina contra a varíola. Despois dun intenso traballo de tres meses e como colofón deste, amosamos o video feito coas intervencións de alumnado participante neste proxecto desenvolvido neste estraño e apaixonante período. 

As forzas da natureza

O catedrático de ensino secundario Enric Ripoll Mira, profesor de Física e Química no IES do Barral, ven de publicar un artigo na Revista Galega do Ensino que contén un conxunto de unidades didácticas con multitude de simulacións e xogos interactivos co obxectivo de facilitar a aprendizaxe activa do alumnado.    

Pleno infantil do concello de Ponteareas

O 27 de novembro de 2019 tivo lugar o primeiro pleno infantil do curso 2019-2020 coa presenza de oito alumnos e alumnas de 2º de ESO. Aquí podedes ver unhas imaxes do evento.

Presentación Comando Igualdade

O mércores 20 de novembro de 2019 o equipo de igualdade e diversidade acudiu ao auditorio de Ponteareas á presentación do Comando Igualdade e da webserie SomosSEX, da asociación ASEIA. Compartimos e aprendimos doutras experiencias para inspirar o noso traballo.

A TVG transmite en directo a confección de alfombras florais dende o IES do Barral

O xoves 25 de abril DE 2019 o programa "A Revista", da TVG transmitiu en directo, dende a biblioteca do IES do Barral, unha demostración da confección de alfombras florais por parte dos nosos alumnos de 1º de ESO. Mediante distintas conexións, os nosos rapaces e rapazas amosaron como aprenden a seguir a tradición da vila, mantendo unha festa centenaria, a do Corpus de Ponteareas, que está declarada de Interese Turístico Internacional.

Nestes enlaces podedes ver as distintas conexións que se fixeron, sempre en directo, coa biblioteca do noso instituto.

1ª CONEXIÓN

2ª CONEXIÓN

3ª CONEXIÓN

IMAXES DO EVENTO

Ponte nas ondas

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! e o Concello de Ponteareas celebran unha nova edición das xornadas PONTE…A PORTU-GAL os días 25, 26 e 27 de abril, que pretenden consolidar as relacións culturais entre Galiza e Portugal.

Aqui podedes ver un video do acto celebrado o día 25 de abril de 2019

Segundo premio do concurso de fotografía do concello

 

 

A alumna do noso centro ITAHISA NAVARRO MUÑOZ, de 4º de ESO C, acadou o segundo premio do concurso de fotografía do concello de Ponteareas "Ponteareas e a saúde" coa súa creación "Saúde todo o ano", que amosamos aqui.

O xurado, formado por fotógrafos e fotógrafas profesionais, valorou aspectos como a proposta expresiva, a correción técnica e a capacidade de reflectir a temática do concurso.

O pasado sábado día 6 procedeuse á entrega de premios no salón de actos do concello. Parabens Itahisa!

 

Distribuir contido