Palabras en piedra, ausencia en palabras

Este martes 29 de xaneiro o patio interior do instituto acollerá durante o recreo a actividade de dinamización poética de xaneiro, "Palabras en piedra, ausencia en palabras", organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura. Nesta ocasión a proposta partirá dunha selección de poemas do libro "Te miro como quien asiste a un deshielo", de Claudia González Caparrós, publicado en 2018 por La Bella Varsovia, e consistirá en escribir palabras en cantos rodados para compoñer un dos poemas.