Viaxe ás Médulas, León e Astorga

 

                

 Os días 9 e 10 de Abril os Departamentos de Latín e Historia teñen previsto facer a súa viaxe lúdico-didáctica.  O obxectivo deste ano é visitar as Médulas, León, as covas de Valporquero e Astorga.

 Na viaxe participan tres profesores e 20 alumnos, estudantes de 1º e 2º de Bacharelato nas materias de Latín e Arte. 

 

As Médulas, o ouro de Iberia

 

 

Foi o xacemento mineiro que maior cantidade de ouro aportou ó Imperio Romano (máis de 900 Tms)  Constituíu a obra de enxeñería máis colosal do seu tempo. Abandonada a explotación, queda hoxe unha paisaxe casi máxica formada por descarnados túmulos de terra roxiza. Arredor medra un bosque de castiñeiros centenarios. Algúns din que foron plantados polos Romanos para alimentar ós moitos escravos que traballaban nas minas.

 

 

Asturica Augusta

 

 

Durante a guerra que librou Roma contra os Astures, un antigo castro prerromano serviu de base para o establecemento desta cidade. Nesta campaña participou o propio emperador Augusto e de aí ven o seu nome. A súa importancia medrou beneficiada por ser un dos máis importantes enclaves da chamada ‘Via de la Plata’ fundada por Tiberio nos anos 24 e 25 d.C.