Intercambios con Dinamarca e Alemaña

Neste curso 2012/13 comezamos dous intercambios, con Dinamarca (15 alumnos/as) e con Alemaña (27 alumnos/as).

Os daneses xa estiveron no noso instituto dende o 30 de setembro ao 6 de outubro e agora irán os nosos alumnos/as a Dinamarca na primeira semana de marzo.

O alumnado de Alemaña estará con nós dende o 11 ao 18 de maio, mentres o noso alumnado irá a Nagold a finais de xuño.

Esperamos darlle continuidade a estes dous programas en cursos sucesivos.