Cifras e Letras 2023

Este próximo xoves 21 de decembro teremos un programa de actividades especiais para despedir o ano antes das vacacións do Nadal. Logo de pasar o control de asistencia nas aulas ás 9:30h, celebrarase unha nova edición do Cifras e Letras, un concurso no que participan equipos de alumnado e profesorado resolvendo diferentes probas de palabras e de números. Haberá tamén un obradoiro de papiroflexia, coordinado polas profesoras do departamento de Matemáticas, e teremos un partido de Street basket entre un equipo de profesorado e o equipo de alumnado gañador do torneo. Pecharemos a mañá con festa e baile a cargo da DJ AMBER, Andrea Vericat, alumna de 2ºBach.