Reunións informativas para familias da ESO

Co obxectivo de informar dun xeito máis directo as familias do alumnado da ESO sobre o desenvolvemento da fin de curso e sobre a nova normativa de avaliación, promoción, titulación e concesión de matrículas de honra para este curso 2021-2022, convócanse as seguintes reunións informativas no salón de actos do instituto:

 

Mércores 4 de maio

 

- 18:00h: 3ºESO e 4ºESO

- 19:15h: 1ºESO e 2ºESO

 

Por tratarse dun espazo sen posibilidade de ventilación exterior, no que non imos poder manter distancia de seguridade, pregamos que asista unicamente unha persoa por familia e agradecemos o uso da máscara. 

 

Lembrade que tedes a información completa sobre os criterios de promoción e titulación, así como as adaptacións das programacións didácticas, na páxina web do instituto.