Entroido 2022

O venres 25 de febreiro celebramos o Entroido. Logo dunha primeira hora de clase, houbo tempo para disfrazarse e participar no desfile escolar organizado polo Concello de Gondomar. Xunto cos compañeiros e compañeiras do IES Terra de Turonio e do CEIP Chano Piñeiro, percorremos as rúas da vila coas nosas coreografías. Xa de volta no instituto, cantamos, bailamos e celebramos o noso concurso de disfraces, con premios para as mellores propostas. Nas redes sociais do instituto pódense ver fotos e vídeos desa mañá festiva e soleada.