Constitución da rede RAOGAL
Enviado por admin o Mar, 26/10/2021 - 19:31
O xoves 21 de outubro asistimos en Santiago de Compostela ao acto de constitución da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL), un proxecto novo da Consellería de Educación para o que fomos seleccionados 32 centros de toda Galicia. A profesora Begoña Recondo será a coordinadora da Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar que se vai crear no noso instituto para desenvolver tarefas de apoio e seguimento de alumnado especialmente vulnerable desde o punto de vista educativo e familiar.