Panel de experiencias con exalumnos e exalumnas

Este pasado xoves 21 de outubro o alumnado de bacharelato asistiu a un panel de experiencias a cargo dun grupo de exalumnos e exalumnas do instituto que lles viñeron falar da súa experiencia académica e laboral: Juanjo (Enxeñería Industrial), Eva (ADE e Dereito), Jéssica (Ciclo de Repostería), Jota (Grao no Conservatoria de Música Profesional), Lorena (Educación Infantil e Primaria) e Arturo (Ciclo de Audiovisuais e Enxeñería Industrial). Compartiron co alumnado as súas vivencias, os medos, as ilusións e o camiño de busca para escoitar e atopar o que os emociona, desde a súa etapa aquí, nos últimos anos de instituto, ata hoxe, xa na universidade ou traballando. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación e a Vicedirección. Moitísimas grazas aos seis!