Recorte de profesorado para o curso 21-22

Estamos estes días facendo exames de setembro e organizando o comezo do novo curso e atopámonos cunha desconcertante noticia: adxudícannos catro profesores menos que no curso pasado, tres menos que os que tiñamos antes da pandemia, un contexto que nos deixa nunha situación moi precaria á hora de atender as necesidades do instituto e que nos leva nalgúns niveis a grupos de arredor de 30 alumnos e alumnas, cun volume de ocupación como o que se pode ver na foto. En defensa da calidade do ensino público, pedimos máis profesorado e menos alumnado por aula.