Avisos sobre a suspensión das clases e da actividade do centro (16.03.20)

 

1. Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes, xa que o centro estará pechado.

2. Se despois de consultar a páxina web do centro e as indicacións da Consellería de Educación (en edu.xunta.gal) continúa tendo algunha dúbida, pode poñerse en contacto co centro unicamente por vía telefónica (886 110 209) en horario de 10:00h a 13:00h ou vía e-mail (ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es).

3. Durante o tempo que non se poida asistir a clase, o alumnado dos distintos cursos e grupos recibirá o traballo das diferentes materias polas vías telemáticas acordadas previamente entre o alumnado e o profesorado. O medio de comunicación empregado publicarase proximamente.