A túa saúde, a túa responsabilidade

Hoxe, luns 9 de marzo, a quinta e sexta hora, o alumnado de 2º e 4º de ESO participará nunhas charlas da médica e antiga alumna do centro Laura Couto Ramón e baixo o título, “A túa saúde, a túa responsabilidade”.
A actividade está organizada desde as materias de Educación Física e Promoción de estilos de vida saudábeis.
Benvida de novo á túa casa, Laura!