Amor sen prexuízos nin etiquetas

A semana do 10 ao 14 de febreiro imos celebrar o amor, o amor sen prexuízos nin etiquetas, desde o respecto á diversidade. Será unha semana de actividades que pecharemos o venres 14 a partir das 20:00h cun acto no que contaremos coa compañía de teatro A Panadaría, que poñerá en escena a obra "Elisa e Marcela". O alumnado e as súas familias poden mercar as entradas a 1€ na conserxería ata o mércores 12 e, a partir desa data, as entradas estarán a disposición de todas as persoas que queirades asistir á nosa voda. Haberá música, danza, poesía, photocall e tamén uns petiscos, coa colaboración da ANPA. Convidámosvos a vir á nosa celebración!