Novas

Avaliacións do sistema educativo. Curso 2018-2019

Os vindeiros días 28 e 29 de maio realizaranse as avaliacións do sistema educativo do curso 2018/2019, segundo o indicado na Resolución do 16 de abril de 2019 (DOG do 3 de maio). A avaliación final de educación secundaria obrigatoria terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo. Valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica do alumnado de 4º ESO.

Poden consultar a información destas avaliacións no arquivo adxunto.

Listaxe definitiva de alumnado admitido 2019/2020

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2019/2020.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019: LISTAS PROVISIONAIS

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP publicou hoxe as listaxes provisionais de alumnado admitido e suplente para as actividades de formación en linguas estranxeiras 2019, e abre un prazo de reclamacións de 10 días naturais.

 

Listaxe provisional de alumnado admitido 2019/2020

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2019/2020.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019: comprobación

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Consellería de Educación xa fixo pública a relación das listaxes do alumnado solicitante e ábrese un prazo ata o 26 de abril para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Toda a información atópase coma sempre na páxina web deste programa: https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2019.

 

Becas 1º BACH (EE.UU./Canadá) Fundación Amancio Ortega

 

A Fundación Amancio Ortega xa abriu o prazo de solicitude de becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso escolar 2019/2020.

 

Distribuir contido