Convocatoria de probas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado
A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado para o curso 2023-24. A acreditación das competencias dixitais poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
4ºESO
- O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
- O alumnado matriculado en 4º de ESO poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio.
2ºBacharelato
- A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos das áreas de dominio 1, 2, 3, e 5 do nivel intermedio.
- O alumnado de 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos do dominio 4 do nivel intermedio.
O alumnado de 4º de ESO e de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica para a acreditación de coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio do Marco galego de competencias dixitais terá que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na Secretaría do centro antes do venres 15 de marzo ás 14:30.
As probas realizaranse no centro nas seguintes datas:
- A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
- A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude de acreditación comp dixitais 4 ESO e 2 BACH.odt | 56.29 KB |