Skip to Content

Blogues

Inicio do curso 2024-25. Información actualizada

 

Alumnado e familias, o mércores 11 de setembro comezan as clases do novo curso 2024-25. A través desta ligazón poderedes acceder ao calendario e aos horarios das presentacións que comezan o mesmo día 11. O día da presentación, no espazo da entrada do centro, estarán a disposición do alumnado as listaxes de cada grupo. As presentacións terán lugar na aula dereferencia, onde o alumnado coñecerá ao profesorado titor que lle trasladará información esencial para o comezo do curso. O servizo de transporte escolar estará activo dende o propio día 11 de setembro. 

Deixamos un breve manual de benvida para o alumnado que se incorpora este curso, particularmente para o alumnado que cursará 1º da ESO, e ao que podedes acceder clicando na imaxe. No manual atoparedes información xeral que pode ser de axuda para os primeiros días. A maiores recomendamos facer unha visita virtual ao IES a través do código QR que deixamos a continuación e que ademais foi deseñado polo noso alumnado.

Visita virtual ao IES

Bolsa xeral do Ministerio. Estudos postobrigatorios (2024-25)

Ábrese o prazo (do 9 ao 26 de setembro de 2024) para actualizar os datos da solicitude de bolsa xeral do Ministerio 2024/25. Para máis información premede na seguinte ligazón.

 

 

 

Calendario. Curso 2024-25

Este é o calendario para o curso 2024/25. Podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:


O centro obtén o distintivo "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación

 

"IES Antón Alonso Ríos: saudable e activo" é o proxecto polo que o noso centro obtivo a distinción "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. É un proxecto integral no que se aborda a saúde desde diferentes puntos de vista e cunha perspectiva interdisciplinar. No proxecto pódense distinguir catro ámbitos: por unha banda, a saúde e o deporte, co que se fomenta un estilo de vida activo a través de diferentes iniciativas que afectan tanto aos periodos dos recreos como ás actividades extraescolares e complementarias; por outra banda, destaca no ámbito da saúde, a ciencia e a nutrición, onde por medio de diferentes traballos e iniciativas foméntase a investigación e o desenvolvemento dunha nutrición equilibrada e saudable, un tema que ocupa un lugar importante no Concreso Científico anual do centro; así mesmo, destaca a saúde emocional e mental mediante o fomento da educación emocional do alumnado e onde destaca o proxecto que integra a toda a comunidade educativa denominado "Febreiro: mes das emocións"; por último, a prevención de condutas nocivas e de risco e a formación sobre a saúde sexual entre o alumnado coa colaboración de entidades e asociacións especializadas na intevención en adolescentes e familias.

Libros de texto: curso 2024-2025

Para acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso, preme no seguinte enlace:

Matrícula. 2024-25

A partir do día 24 de xuño e ata o 4 de xullo ábrese o prazo para a realización da matrícula por parte do alumnado con praza asiganada no centro. No seguinte cadro figura o calendario de matrícula para cada nivel e, en cada curso, tedes as ligazóns desde onde se pode descargar o impreso de matrícula no que se indica a documentación necesaria para a formalización da matrícula. O impreso poderase adquirir na Conserxería do centro (0.10 euros).

1ºESO

24 e 25 de xuño 

(alumnado repetidor de 1ºESO: 2 e 3 de xullo)

2ºESO 2 e 3 de xullo
3ºESO 2 e 3 de xullo
4ºESO 28 de xuño
1ºBach. 26 de xuño
2ºBach. 1 de xullo
2ºFPB 27 de xuño
2ºCM 27 de xuño

O alumnado que sexa externo e procedente de centros educativos de fóra do Concello de Tomiño, deberá pasar pola Secretaría do centro, nas datas que correspondan ou días antes para recoller os impresos de matrícula e información sobre a documentación específica que teñen que aportar por ser alumnado de nova incorporación.

Deixamos á vosa disposición os seguintes impresos que acompañan ás matrículas e as paradas do transporte escolar.

 

 

Admisión FP 2024-2025

Oferta de Ciclos de Grao Medio do centro

Ciclo de Grao Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural
Ciclo de Grao Medio de Instalacións de Telecomunicacións

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo. A presentación de solicitudes realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible na aplicación de Ciclos Admisión. O día 10 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a información da resolución provisional e o día 17 poderase consultar a resolución definitiva. Sobre os cambios no proceso de adminisión para este curso tedes un resumo nesta ligazón, e para información xeral sobre o proceso de admisión e matrícula pódese acceder á páxina da Formación Profesional da Consellería de Educación.

Calendario de adxudicacións e matrícula

1ª adxudicación ordinaria 17 de xullo Matrícula do 17 ás 9:00 ao 22 ás 13:00
2ª adxudicación ordinaria 24 de xullo Matrícula do 24 ás 9:00 ao 31 ás 13:00
3ª adxudicación ordinaria 2 de setembro Matrícula do 2 ás 9:00 ao 5 ás 13:00

 

 

Calendario probas extraordinarias: 1º Bacharelato e Ciclos

Publícase o calendario das probas escritas da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato e Ciclos. As probas terán lugar entre o 19 e o 21 de xuño.

1º BACHARELATO

AGROXARDINARÍA

ELECTRÓNICA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut