Skip to Content

Complementarias

Actividades xaneiro

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO MES DE XANEIRO

 

DATA ACTIVIDADE GRUPO HORARIO COORDINACIÓN
11 xaneiro Visita Facultade de Química
1º BACH e
2º BACH (ciencias)
Toda a mañá Dpto. Física e Química
11 xaneiro Charla USC: linguas modernas 1º BACH e 2º BACH (humanidades)  6ª hora Dptos. Inglés e Francés
12 xaneiro Patinaxe sobre xeo 1º ESO 9:50 a 14:00 Raquel Abeal
12 xaneiro Charla UDC: emprego e prácticas CM e 2º FPB 10h Orientación
15 xaneiro Charla USC: linguas modernas 1º BACH e 2º BACH (humanidades) 1ª hora Dptos. Inglés e Francés
15,16,22, 23 xaneiro Charla Igualadas: "Así si" 2º ESO Horario de titoría* Igualdade
25 xaneiro Charla USC: Leonardo 2º BACH (debuxo técnico) 3ª hora Dpto. Artes plásticas

 

 

Charlas universidade e ciclos

Nesta semana, un grupo de exalumnas e exalumnos do noso IES reuniuse (presencialmente e online) co noso alumnado actual de 2º de Bac para falar da súa experiencia universitaria, do amor polos seus estudios, das dúbidas iniciais, de como superar os obstáculos... dando unha visión real e actual do Sistema universitario dende un punto de vista fundamental: os alumnos e alumnas das Universidades e da Formación Profesional. O noso alumnado, que está a piques de iniciar tamén este camiño, sacou moitas aprendizaxes destes encontros. O noso máis sinceiro agradecemento a todos eles, por reencontrarse con nós. Sempre son e serán parte importante da nosa comunidade educativa.

GRAZAS!!

 

Deporte escolar 20/21

Neste enlace podes entrar na páxina de Deporte escolar deste curso.

 

Radiomocidade no IES

 

Radiomocidade realiza as súas emisións dende as instalacións do IES Antón ALonso Ríos.

Preme no logo da emisora para aceder á nosa programación.

 

 

Reto 2000 Km

Na seguinte ligazón podes descargar a app mobil e o manual do noso Reto 2000Km. Vida activa e vida saudable no IES

CONTAMOS COA TÚA PARTICIPACIÓN!!!

Preme AQUÍ para descargala

Calendario de Actividades Marzo

Suspéndense todas as actividades programadas

Preme na imaxe para ampliar

Deporte 19/20

Manolo Rivas no noso IES

O pasado venres 16 de Marzo estivo connosco Manolo Rivas para falarnos da súa novela "O lápis do carpinteiro"  (podes ver a súa adaptación cinematográfica AQUÍ) e do proceso de creación de textos como un tecido engarzado onde a literatura ten que cumprir a función da memoria dun pobo. 

 

Manuel RIvas con Sofía e Tristán, alumnos de 1º de Bacharelato

 

Distribuir contido


by Dr. Radut