Skip to Content

Prematrícula: curso 2024-2025

Por razóns organizativas, o alumnado debe cubrir a prematrícula para o curso que vén. O centro non pode ofertar na matrícula todas as materias e combinacións de materias optativas posibles, polo que as preferencias manifestadas na prematrícula condicionarán a oferta final da matrícula.

A realización da prematrícula non substitúe en ningún caso a matrícula directa que deberá ser formalizada no centro no mes de xullo.

 

O prazo para realizar a prematrícula abrangue do 2 ao 16 de maio de 2024A prematrícula poderá ser realizada unha única vez, polo que é importante ter ben meditada a escolla. O alumnado deberá seleccionar a ligazón correspondente ao nivel no que se matriculará no vindeiro curso 2024/2025.

 

2º ESO
3º ESO 
4º ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO

 

 

Acreditación das competencias dixitais para o alumnado de formación profesional

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais para o alumnado matriculado nas ensinanzas de formación profesional no curso 2023-24. A acreditación das competencias dixitais poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

2º Ciclo formativo de grao básico

  • O alumnado que obteña o título de Ciclo formativo de grao básico recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel de iniciación se así o solicita.
  • O alumnado matriculado en 2º de Ciclo formativo de grao básico poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio.

2º Ciclo formativo de grao medio

  • O alumnado co título de técnico ou técnica en Instalacións de telecomunicacións recibirá de oficio o certificado que acredite o nivel intermedio se así o solicita.
  • A obtención do título de técnico ou técnica de Aproveitamento e conservación do medio natural acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
  • O alumnado de 2º de gro medio de Aproveitamento e conservación do medio natural poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos do dominio 4 do nivel intermedio.

O alumnado de 2º de grao básico e de 2º de grao medio de Aproveitamento e conservación do medio natural que desexe realizar a proba específica para a acreditación de coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio do Marco galego de competencias dixitais terá que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na Secretaría do centro antes do mércores 22 de maio ás 14:30.

As probas realizaranse no centro na semana do 10 ao 14 de xuño.

Cuña Ciclos formativos

Nesta ligazón podedes acceder á cuña publicitaria dos nosos ciclos formativos para o curso 2024/25:

  • Ciclo Medio Aproveitamento e Conservacion do Medio Natural.
  • Ciclo Medio Instalacións de Telecomunicacións.

Admisión alumnado. Curso 2024-25

Infórmase que as familias que solicitaron praza no periodo ordinario de admisión para a etapa da ESO foron admitidas.

En canto ás solicitudes de admisión para a etapa do Bacharelato, as familias poderán consultar o estado da admisión na mesma páxina que fixeron a solicitude (Admisionalumnado). Para calquera dúbida poderán chamar ao centro: 886120588.

Probas de avaliación de diagnóstico: 2º ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril dentro do horario lectivo do centro. Coas probas de diagnóstico búscase coñecer as debilidades e as fortalezas académicas do alumnado respecto do conxunto da comunidade galega para acometer, nos seguintes cursos, modificacións que permitan mellorar o nivel de adquisición de competencias nos vindeiros cursos.

 

Podedes atopar máis información no seguinte documento:

 

 

Charlas para familias e profesorado: Tecnoloxía con sentidiño (4 de abril)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

Desenvolveranse  charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela, ou ben tamén  na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN. CURSO 2024-25

Está aberto o prazo da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-25. As axudas para os estudos posobrigatorios poderanse solicitar dende o 19 de marzo ata o 10 de maio a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O alumnado que teña pensado cursar bacharelato, Formación Profesional, ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios, entre outros, poden pedir xa a súa bolsa para o vindeiro curso. Como en convocatorias previas, deberán de cumplimentar unha serie de datos provisionais, que poderán modificar máis adiante, e deberán facelo ainda que non saiban as cualificacións do curso actual, ou ainda que non saiban que van estudar o curso 2024-25.

Para máis información podedes consultar na seguinte ligazón.

Prazo: do 19 de marzo ata o 10 de maio.

Destinatarios: alumnado que no curso 2024-25 vai cursar estudos posobrigatorios (Bacharelato; Formación Profesional de grao básico, medio e superior; ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios)

 

Convocatoria de probas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado para o curso 2023-24. A acreditación das competencias dixitais poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

 

4ºESO

  • O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. 
  • O alumnado matriculado en 4º de ESO poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio. 

 

2ºBacharelato

 

  • A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos das áreas de dominio 1, 2, 3, e 5 do nivel intermedio. 
  • O alumnado de 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos do dominio 4 do nivel intermedio. 

 

O alumnado de 4º de ESO e de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica para a acreditación de coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio do Marco galego de competencias dixitais terá que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na Secretaría do centro antes do venres 15 de marzo ás 14:30.

 

 

As probas realizaranse no centro nas seguintes datas:

 

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril. 
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio. 
Distribuir contido


by Dr. Radut