Skip to Content

Vigo, rincóns e historias - 2023

O martes, 14 de novembro, o alumnado de diversificación de 4°, realizou unha scaperoom ao aire libre, "Vigo, rincóns e historias", na que percorreron os puntos mais importantes do centro de Vigo (praza de Compostela,  Mercado da Pedra, Colexiata...). Mentres resolvían as probas a través dunha aplicación móbil, descubriron a historia e arquitectura da nosa cidade. Aí os/as tedes en plena acción!

Acto en recordo do alumnado falecido no incendio de Vigo

O luns a dirección do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, do CEIP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Escultor Acuña e do IES Álvaro Cunqueiro, centros onde estudaron Aldara, Ezequiel e Sara, aos que despois dun mes seguimos a botar en falta. Quixemos recordalos, pero tamén esixir que a súa morte non fose en balde, pois aínda que o incendio do edición foi un accidente, as condicións de pobreza nas que vivían foron decisivas para que o desenlace do suceso fose mortal. Nos nosos centros segue a haber pequenos e pequenas en exclusión social, non lle neguemos o dereito a unha infancia digna e feliz. Grazas ás direccións do IES Castelao, IES Santa Irene, do IES do Castro e do IES Alexandre Bóveda polo seu apoio.

O manifesto pode lerse aquí.

Cine en francés 2023

O pasado martes 7 de novembro, o alumnado de francés de 3º e 4º da ESO asistiu ao auditorio do Concello de Vigo para ver unha película en versión orixinal francesa "Seuls" dentro do festival "Fiestinema", organizado pola Alianza Francesa.

 

Finalización del Proyecto: KA 210: Integrating Sustainable and Safe Learning Materials into Education.

Durante 18 meses hemos estado trabajando en este proyecto con reuniones en cada uno de los países participantes y una última reunión virtual con la participación de alumnado y profesorado. El pasado abril recibimos en nuestro centro 12 profesores de los distintos países que participaron en nuestra vida académica, reuniones donde se elaboraron presentaciones para nuestro alumnado y visitas culturales no sólo en nuestra ciudad sino también en lugares emblemáticos como Santiago de Compostela.

Erasmus+ Jobshadowing en Finlandia

100Durante o mes de setembro de 2023, tres profesoras de bioloxía (a xefa do departamento) e inglés (a xefa do departamento e maila coordinadora da sección bilingüe) do noso centro tiveron a oportunidade de visitar un instituto finés, participando en clases de diferentes materias (bioloxía, xeoloxía,física e química, música, inglés, castelán, finés para estranxeiros e mesmo xaponés) e reuníndose con multitude de profesionais educativos do centro de acollida para aprenderen os segredos do seu tan aclamado sistema educativo.

 

Erasmus+ Movilidade a Budapest

Do 25 ao 29 de setembro 2023, o noso alumnado tivo a oportunidade de disfrutar dunha experiencia no centro educativo “Europa 2000” de Budapest participando en actividades académicas, asistindo a diferentes clases bilingües e actividades culturais e sociais cos seus compañeiros de acollida, ademáis de experimentar unha integración na vida cotiá húngara por estaren nas familias de acollida.

Erasmus+ Movilidade a Polonia

O pasado mes de xuño un grupo do noso alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato realizou unha movilidade a Bialystok (Polonia) integramente financiada grazas a nosa acreditación Erasmus+.

O alumnado e as docentes acompañantes tiveron a oportunidade de compartir a vida cotiá coas súas familias anfitrionas, e as actividades lectivas e de ocio cos seus compañeiros e compañeiras polacos. Entre estas actividades, destacaron as visitas aos parques nacionais obxeto do traballo conxunto, o parque Patrimonio da Humanidade de Bialowieska e o do río Narew.

Visita de Francisco Calvo del Olmo

Esta semana visitou o noso centro o lingüísta da Ludwig-Maximilians Universität de Munic, Francisco Calvo del Olmo. O alumnado de bacharelato desfrutou dun encontro co autor que é autor de dúas novelas en galego: Crónica córnica e Unha saca de patacas, ambas editadas na Editorial Xerais.

Conversou co alumnado sobre a súa aprendizaxe de galego en Madrid, na Universidad Complutense, e o seu amor polos idiomas que o levou a ser un gran coñecedor das linguas románicas e non só. A vontade de entendernos, a autodeterminación da nosa identidade sempre en contrución, o proceso creativo ou a trama das súas novelas moi apegada á sociolingüística, foron algúns dos temas que debullou co noso alumnado.

Agradecemos a súa visita e o interese que espertaron as súas palabras.

Excursión ao Ebro 2023

O alumnado de 4ºESO foi de excursión fin de curso ao EBRO, dende o 1 de maio ata o 7 de maio. Entre as actividades nas que participaron pódense destacar: barranquismo, ruta en bicicleta, kayak e nadar con atúns. Tamén foron a Barcelona e a Port Aventura. En todas as actividades en que participamos, felicitáronnos polo comportamento do alumnado.

1º Torneo Xadrez do IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Na segunda semana de Xuño celebramos o noso I Torneo de Xadrez, pois temos unha grande afición a este xogo entre o noso alumnado. Por cuestións organizativas este primeiro ano só puideron participar 16 alumnos/as pero houbo máis interesados/as.

Seguro que no curso próximo poderase celebrar o II Torneo de Xadrez, onde ampliaremos as posibilidades de participación.

E o ganador foi:  Pazos Morales, Brais Alfonso. Noraboa!

Aqui podes ver a partida final.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut