Skip to Content

Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia

O pasado 30 de novembro o alumnado de Afondamento de Galego puido achegarse máis ao labor que realiza a clase política no Parlamento Galego. Esta é unha das actividades que organiza o Parlamento de Galicia para achegar a política os máis novos e, para iso, achegáronse ao centro tes exdeputadas que contaron a súa experiencia na cámara dende posicións políticas diferentes.
María Ángeles García Míguez, Consuelo Martínez García e Carme Adán Villamarín conversaron co alumnado e instárono a que se preocupen polos temas de actualidade que nos inflúen, ao tempo que lles trasladaron que hai moitas formas de facer política e que o Parlamento é un órgano aberto ao que poden trasladar propostas.
Unha experiencia moi gratificante para un alumnado que en pouco tempo terá idade para votar e decidir.

Obradoiro de educación sexo-afectiva 2023

O alumnado de 3º da ESO do Proxecto Competencial participou nun obradoiro sobre educación sexo-afectiva impartido por Priscila Retamozo. O Buzón Vermello é unha actividade dirixida ao alumnado de secundaria, unha proposta para reflexionar conxuntamente sobre como entendemos as relacións baixo un enfoque feminista que fomente as relacións igualitarias.

Calendario de advento 2023

Participa no calendario de advento da Biblioteca abrindo unha bola cada día e respondendo ás preguntas. Axúdanos a organizar as nosas compras e a biblioteca coas túas suxerencias e opinións. Aquí tedes a vosa oportunidade para tomar decisións.

Aqueles/as que abran todas as bolas participarán nun sorteo para acadar merecidos premios pola vosa colaboración.

O enlace está dispoñible nos corredores, na aula virtual e aquí. O contido cambia cada día, non o esquezas!

 

Bolos Celtas 2023

Os días 27 e 29 de novembro o alumnado de 1º da ESO tivo unha sesión dedicada ao xogo dos bolos celtas. Esta actividade organizouna o Departamento de Educación Física e impartírona monitores da Federación Galega de bolos celtas.

Xogos do magosto 2023

O venres, 17 de novembro, celebramos o magosto no centro. Coma sempre antes de comer as castañas, houbo xogos para os máis pequenos (1º da ESO): brilé, comba, petanca, pano, xogos con combas, xogos con aros, xogos de carreiras, rá … etc.

 

Este ano os encargados da organización dos mesmos, foi 1º de bacharelato A.

 

   

 

25 de novembro 2023

O Equipo Morgana durante toda a semana animou ao alumnado a que participase no muro contra as violencias machistas. Así fomos escribindo aquelas frases que escoitamos repetidamente sobre as mulleres e que son limitantes, que crean inseguridades, que nos cousifican... A cada persoa que deixaba a súa lousa regaláronlle unha chapa que as integrantes do Equipo Morgana fixeron co material dos Polos Creativos.

O 25 de novembro vestímonos de negro como mostra externa da nosa repulsa por todas as violencias e gardamos un minuto de silencio polas que faltan.

Obradoiro de esgrima

O martes 14 de novembro o alumnado de 2º da ESO disfrutou dunha sesión de esgrima da man de Gabriel Féliix Travesa Arbones adestradior do "Club de Esgrima Ciudad de Vigo". Este clube leva a cabo a súa actividade no pavillón Pablo Beiro.

 

Concurso Foto e Ciencia 2023

Un ano máis o Departamento de Bioloxía convoca o concurso FOTO E CIENCIA, destinado ao alumnado da ESO e Bacharelato. Estableceranse tres categorías e cada participante poderá presentar só unha imaxe que deberá ser orixinal.

O prazo de presentación das fotografías rematará o 1 de decembro.

Para coñecer polo miúdo as bases clica aquí.

 

   

 

Cine en Francés 2023

O pasado martes 14 de novembro, o alumnado de francés de 1° e 2° de Bach asistiu ao Auditorio do Concello de Vigo para ver unha película en versión original francesa titulada "La Traversée",  incluida no festival de cine Fiestinema organizado pola Alianza Francesa.

 

 

 

   

Distribuir contido


by Dr. Radut