Skip to Content

Viaxe á neve 2023

Este ano 50 alumnos e alumnas de 3º da ESO na semana branca disfrutaron de 5 días de actividades na estación de Valgrande-Pajares en Asturias.

Complementaron as súas clases de esquí con actividades coma o sendeirismo, xogos de pistas, veladas e unha interesante visita ao MUMI (Museo de la Minería y de la Industria de Asturias).

Tendes todas as fotos na galería!

 

Día de Rosalía 2023

DiaRosalia_2223No noso centro celebramos o Día de Rosalía co xa tradicional troco de libros onde o alumnado puido intercambiar lecturas en galego e ademais recibir unha flor. Dentro da celebración o alumnado de 1° de bacharelato puido asistir a un pequeno concerto da artista Su Garrido que fixo seimus varios poemas da nosa lírica.

Botádelle un ollo ás fotos da galería!

Entroido 2023

Entroido 2023O pasado venres 17 celebramos a festa do entroido no instituto. Grazas a todo o alumnado e profesorado que particpou no concurso de regueifas, no desfile de disfraces e na festa das dúas últimas horas.

Tendes as fotos na galería!

11 de febreiro 2023. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe é o Día Internacional da Muller na Ciencia e para que non se nos esqueza a importancia de fomentar as vocacións científicas entre o alumnado durante esta semana tivemos dúas fantásticas charlas dadas por dúas profesoras da @universidadedevigo Gloria Pena Uris, profesora de Enxeñería Industrial e Natalia Torres Cadavid de Dereito. O noso bacharelato de 1° de Bach desfrutou da súa solvencia e puideron resolver moitas dúbidas no coloquio posterior.

Encontro de clubs manga no Álvaro Cunqueiro 2023

O pasado luns día 6 recibimos aos clubs manga de IES San Tomé e do IES Santa Irene para un pequeno encontro no IES Álvaro Cunqueiro. Tivemos ocasión de coñecernos, xogar ao Pictionary, facer uns Kahoots sobre manga, adiviñar openings e cancións de K-Pop e escoitar algunhas charlas sobre certos títulos... todo preparado polo alumnado!

Penso que pasamos moi bo día e quedamos con ganas de repetir. Agardando xa a próxima cita!

Grazas!

Olimpíada matemática de bacharelato

O alumnado de 1º de bacharelato achegouse a Santiago para participar na Olimpíada Matemática Galega. Aproveitaron para coñecer a facultade de Matemáticas e pasar un bo día!

 

 

 

O alumnado de 2º bacharelato visita o Paz Andrade e o Manuel Antonio

O alumnado de 2º de Bacharelato, dentro das xornadas que están a ter de orientación, visitou os centros de FP Valentín Paz Andrade e Manuel Antonio de Vigo. Acompañados do orientador do centro e das súas titoras percorreron os distintos módulos para entender como se desenvolve o estudo nas ensinanzas profesionais.

Máis fotos da xornada na galería!

 

 

 

 

Concurso de foto e ciencia

O pasado novembro, coincidindo co mes das ciencias, celebramos un ano máis o concurso FOTO e CIENCIA, que organiza o Departamento de Bioloxía. Coas fotografías do alumnado, fíxose unha exposición na entrada do Centro que se prolongou ata o mes de xaneiro, momento en que se coñeceron as imaxes gañadoras. O profesorado de Bioloxía entregou os premios: entradas para o cine e consumicións na cafetería do instituto. Grazas a todos os participantes e moitos PARABÉNS para os gañadores e gañadoras.

Podedes ver as fotos no Album!

 

   

 

 

 

 

Residencia de Maiores Fundación San Rosendo

Esta mañá o alumnado de 2° da ESO A achegouse á Residencia de Maiores Fundación San Rosendo, en Coia, para compartir as cartas que realizaron na materia de Lingua Galega. Levabamos tamén doces e todo o noso cariño, pero saímos máis que compensados polo agarimo e a alegría recibida! Volveremos, como nos pediron!

 

ResidenciaMaiores_2022

O club de Ciencia na Bouza

No Club de Ciencia o alumnado de 3º e 4º ESO está a desenvolver, xunto a alumnado do IES Alexandre Bóveda, un proxecto de catalogación das especies do parque da Bouza que agardamos podan compartir con nós ao remate do curso.

Da gusto traballar no barrio cos nosos veciños!

aBouza_CCiencia_2022

Distribuir contido


by Dr. Radut