Aperçu des sections
Este proxecto está definido por unha gran secuencia didáctica: A completa realización dun pódcast dende o deseño inicial á difusión final, atravesando todas as fases precisas.
Esta SD está organizada por tres bloques de ODEs, dividindo a parte de creación, da parte técnica e o deseño do produto final. As ODEs preséntanse nesta aula virtual, dende onde poder facer un deseño e un seguimento de todo o proceso de creación do pódcast, servindo tamén esta aula como contedor e difusor dos contidos xerados.
Antes de comezar é recomendable leer estos documento de apoio
BLOQUE 1: POR ONDE EMPEZAMOS?🤸🏽♀️
Este bloque trata de como funciona a información no mundo e ten como última intención o fomento do espírito crítico. Analizaremos a actualidade xornalística localizando as estratexias que producen a desinformación ao o tempo que se afonda nas técnicas para levar a cabo un xornalismo ético.
- Consulta algúns dos termos empregados neste bloque cando o precises
Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado.
ODE 1 As fake news
Vexamos como funciona a información no mundo, mentres intentamos fomentar o espíritu crítico do alumnado.
Enfrontaremos, nesta OD, cuestións de ética xornalística, a través de tarefas que expoñan o mal uso da información .
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
Falamos 📞
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
Aprendemos 🌞
Antes de comenzar a traballar nas tarefas, aquí queda unha explicación de que son as Fake news ou noticias falsas e porque é tan importante saber recoñecelas
Resume do xogo e proposta de tarefa (só para docentes).
Traballamos 📝
Hoxe imos pescar titulares clicbait.
Primeiro lede o documento onde se explica o que son os clicbaits e por parellas, entrade na sección de novas de Google e localizade polo menos catro titulares cebo.
Unha vez localizados, lede as noticias e respondede as seguintes preguntas:
-Que características, das que limos antes, cumpren os titulares que seleccionastes, para que dicir que son cebo?
Hoxe imos facelo ao revés.
Entra na páxina do teu xornal preferido e transforma os seus titulares en clicbaits.
- Un bo titular xornalístico debe intentar dar a información relevante nunha soa mirada, os clicbaits son todo o contrario. O usuario de X aforrando clicbaits responde aos titulares cebo respondendo a súa intriga.
Por parellas elaborade os titulares correctos para algunhas das noticias que analizáchedes antes. Ides xogar ao bad news game e convertirvos nuns maléficos desinformadores, creadores de noticias falsas. Neste xogo, a diferencia do que debedes facer na vida real, trátase de crear as máis terribles estratexias para conseguir seguidores a toda costa.
Agrupádevos en parellas e intentade ganar os distintivos por impersonación, emoción, descrédito, trolling, polarización e conspiración mentres explicades que significa cada un destes termos.
Logo intentade responder a seguinte cuestión:Que crees que motiva á xente a crear e difundir fake news?
O xogo polo de agora non ten versión en castelán, si existe en portugués e mais en inglés, pero trátase dun xogo bastante sinxelo de seguir e traducilo non é difícil.Escribe a túa propia historia de Fake news (ate 300 palabras). Explica como usaches habilidades asociadas con polo menos tres dos distintivos do xogo de bad news game para facer que a túa historia sexa "digna de clics".
- Hoxe seredes detectives de fake news, buscade na rede exemplos de noticias falsas e buscade, se as topades as consecuencias que poido ter esa nova.
Podedes consultar tamén a páxina maldito bulo, onde poderedes ver como se desmontan algúns dos bulos reais que circulan en internet. Que pensas desta cita: "Unha mentira repetida constantemente, acaba por converterse en verdade”. véslle algunha relación co tema que estamos a tratar? Investigade sobre a cita e tirade as conclusións oportunas.
Checklist da OD 👀
Xogaches a badnews e entendiches como funciona a desinformación?
Creaches os teus titulares cebo?
Localizaches algunha noticia falsa?
cres que saberías distinguir unha nova falsa dunha verdadeira?
Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, imos buscar as novas de actualidade
ODE 2 A Sala de redacción
Concluamos o bloque de como funciona a información no mundo, dándolle forma ao aprendido na OD1 e preparándonos para a elaboración do guión dun podcast
Intentaremos aquí organizar certas rutinas e organizalas en torno a un fluxo de traballo axeitado.
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
Falamos 📞
Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.
Aprendemos 🌞
Traballamos 📝
Hoxe traballaremos sobre o que é a liña editorial.
-Que liña editorial cres que siguen as diferentes publicacións que tedes hoxe na clase. Para que público cres que están pensadas.
-E o voso podcast, que liña editorial queredes darle e para que público obxectivo pensades que estará dirixido?
Sobre algunha das novas seleccionadas estes días, localiza as fontes, que tipoloxía teñen.
Tempo de aplicar o aprendido. Busca fontes para o teu podcast.
Que vas presentar á reunión de contido?
a newsroom. Hoxe a clase será a sala de redacción dun medio de comunicación e imos decidir os contidos a desenvolver nos vosos podcasts.
Uns días antes comezaredes a pensar posibles contidos que propor. Cada un dos grupos de podcast levaredes, polo menos, catro propostas sólidas.
Podedes procuralos, atendendo a actualidade da seman, as lecturas destes días da clase, ou a alguna inquedanza propia ou conversa que teñades escoitado últimamente. O voso entorno está cheo de feitos que poderían considerarse noticiables.
Investigade sobre elas e buscade onde poderiades topar as vosas fontes.
Listos para a reunión de contidos? A/o profe será o director e vos os xefes de sección. Expoñede as vosas propostas con argumentos sólidos e conseguide que as vosas novas cheguen aos vosos podcasts.
- (só para docentes)
Deseñade o voso fluxo de traballo, xa sexa nun xa sexa dun xeito físico, a través Dunha pizarra na clase ou dixital a través da plantilla do taboleiro do podcast que tedes ao principio da OD ou dentro dun proxecto de Trello.
Checklist da OD 👀
Analizaches a liña editorial e o target do teu futuro podcast?
Seleccionaches as novas para a reunión de contidos?
Tes elixidas as fontes das novas que tratarás no pódcast?
Deseñaches e presentaches propostas para reunión de contidos?
Tes deseñado un fluxo de traballo axeitado?
Se completaches as fases anteriores, xa estás listo para pasar ao seguinte bloque.
BLOQUE 2: A POSTA EN PRÁCTICA. APRENDENDO A FACER PODCASTS 🤸🏽♀️
Este recurso traballa tamén o “saber facer”. Trátase de aprender a técnica para facer un pódcast dende cero e entender as súas posibilidades: o pódcast temático, como xornal baixo a forma de radio escolar ou como ferramenta de repaso da materia.
Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado. A documentación deste bloque estará complementada por videotitoriais subtitulados.
(Información só dispoñible para os docentes)
Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado.
ODE 3 Recursos para a creación de Pódcasts
Cando creamos un pódcast podemos empregar recursos propios, gravando voces, sons ou instrumentos musicais, e tamén alleos respectando os dereitos dos seus autores. Neste ODE coñeceremos algúns bancos sonoros de uso libre.
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
Falamos 📞
Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.
Aprendemos 🌞
Traballamos 📝
Enunciado
Por parellas, facendo uso de bancos de uso libre como os citados nos recursos da unidade, atopade e descargade:
- 1 efecto de son coa extensión wav
- 1 música coa extensión mp3
- 1 vídeo de menos de 30 s coa extensión mpeg
Despois subídeos aquí.
Enunciado
Como xa vimos nesta ODE, Audacity e outros programas de edición audiovisual poden traballar preferentemente con formatos determinados. Imos a practicar cómo convertir formatos.
Por parellas, utilizando os arquivos da tarefa anterior:
- Converte o efecto de wav a mp3
- Converte a música mp3 a wav
- Extrae o son do video a mp3
Despois subídeos aquí.
Recursos
Podedes utilizar unha web de conversión de formatos como
https://www.online-convert.com/esChecklist da OD 👀
Buscaches información para o teu podcast empregando algunha das formas de documentación suxeridas
Investigaches sobre os dereitos de autor e sabes distinguir entre as distintas licencias creative commons
- Sabes o que son os repositorios e sabes onde atopar recursos de imaxes e sons na rede
Coñeces os distintos formatos de audio e sabes convertir un en outro
Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, coñecer a técnica precisa para crear o teu podcast.
ODE 4 Gravar e inserir audio na aula virtual
Unha vez que sabemos onde atopar sons de uso libre, veremos que ferramentas ofrece Moodle para gravar os nosos propios sons e subilos á Aula virtual: traballaremos con ferramentas de audio H5P como Dictation ou Audiorecorder ou a propia ferramenta Pódcast que permite crear Moodle.
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
Falamos 📞
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
Aprendemos 🌞
Gravando e inserindo multimedia na aula virtual: Os seguintes videotitoriais vos guiarán, paso a paso, para que poidades levar a cabo as tarefas propostas nesta ODEEste titorial tamén estará colgado na ODE 7, como recordatorio, xa que nesa ODE subiránse os proxectos finais de toda a clase
Exemplos (só para docentes)Entrando en cada exemplo e clickando en “Editar axustes” pódese ver cómo se configurou a actividade
Recursos para traballar 📝
Traballamos 📝
Enunciado
Subide aquí o podcast que fixéchedes para a tarefa 4.4, de xeito que toda a aula poida escoitar os dos demáis.
Recursos
Aquí podes atopar videotitoriais que explican cómo resolver esta tarefa: Videotitoriais. Gravar e inserir multimedia na aula virtual
Checklist da OD 👀
- Conseguiches subir unha foto, audio e un vídeo ao foro?
- Conseguiches gravar un audio no foro?
- Conseguiches gravar un breve podcast?
- Conseguiches subir ese podcast á aula virtual?
Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, imos aprender a mezclar músicas e voz
OD5 Música e voz
Partindo de diferentes músicas libres podemos crear novas músicas remesturándoas ou combinando loops extraídos delas. Así poñeremos banda sonora aos nosos pódcasts.
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
Falamos 📞
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
Aprendemos 🌞
Cando editamos vídeo as pistas superiores tapan os obxetos das inferiores. Nos planos sonoros as pistas, en cambio, superpóñense e mézclanse, acústicamente existen ao mesmo tempo
Mestura de músicas, efectos e voz
Os seguintes videotitoriais vos guiarán, paso a paso, para que poidades levar a cabo as tarefas propostas nesta ODE
Material necesario: auriculares con micrófono / Tablet / Ordenador con micrófono interno ou externoRecursos
Sons de uso libre para practicar en Audacity
VisionadosEnlaces a vídeos que explican que é Sampling e os 4 acordes típicos do Pop
Traballamos 📝
Checklist da OD 👀
- Conseguiches crear samples e loops?
- Conseguiches crear a túa propia música a partir de samples doutras?
- Conseguiches gravar voz e mixturala con música e efectos?
Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, imos aprender a facer unha reportaxe e convertila nun podcast
BLOQUE 3: DESEÑANDO O TEU PODCAST 🤸🏽♀️
Agora que xa coñecemos as técnicas de edición pasamos a ver como escoller o xénero e que plataformas poden servirnos de aloxamento. Veremos, ademáis, cómo crear unha escaleta decontidos.
O alumnado gravará as súas propias voces e as dos colaboradores e entrevistados, baixo a forma de reportaxes, entrevistas e crónicas. Finalmente subirán cada pódcast gravado a actividades tipo
Pódcast da aula virtual do curso, opción que ofrece Moodle e que serve para unificar os diferentespódcast do alumnado nunha mesma ubicación, actuando así como unha serie de gravacións do mesmo programa. Deste xeito, todo o alumnado terá acceso á serie completa.
Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado.
OD6 Creación de contidos
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
Falamos 📞
Poñede aquí en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
Aprendemos 🌞
Traballamos 📝
Checklist da OD 👀
Organizaches os contidos do teu podcast, establecendo a duración e a orde dos mesmos seguindo os parámetros do pdf o guión radiofónico
Elaboraches, primeiro unha escaleta e logo o guión de continuidade seguindo o modelo de escaleta de podcast suministrado
- Deseñaches o formato do teu podcast tal dentro dos que se describen no pdf o podcast, xéneros e formatos
Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, coñecer a técnica precisa para crear o teu podcast.
ODE 7 A reportaxe
Agora que xa coñecemos a teoría, pasamos a por en práctica o aprendido. Imos gravar reportaxes en formato pódcast e compartilos co resto da aula
Antes de comezar
Antes de comezar lee este documento de apoio
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
Falamos 📞
Poñede aquí en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
Aprendemos 🌞
Titoriais e videotitoriais
Os seguintes titoriais tamén están tamén colgados na ODE 4.
Qué é? Qué elementos adoita ter?
Neste vídeo se vos explica cómo subir o voso pódcast á aula virtual
Este vídeo explica cómo crear unha actividade pódcast na aula virtual
Traballamos 📝
Enunciado
En grupos, escollede un conto, lenda urbá, canción... e gravade unha reportaxe sobre iso. Narrádeo como se fose un suceso real. Podedes contar, por exemplo, cómo unha nena vestida de vermello levou unha cesta de comida á avoa e todo se torceu absurdamente.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.
Enunciado
En grupos, escollede un tema que que vos interese ou afecte. Preguntade a compañeiros/as doutros cursos a súa opinión ao respecto. Atopade opinións diferentes.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula..
Enunciado
En grupos, escollede unha persoa do centro que non conozades e entrevistádea.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.
Recursos
Para facelo primeiro debedes redactar qué preguntas lle ides facer, por exemplo:
Onde naciches?
Viveches noutras cidades ou vas en verán a outros sitios? Fálame deles
A que se adican os teus pais?
Qué é o que che gusta máis facer? Por qué?
Enunciado
Imos combinar reportaxe e debate. En grupos, escollede un tema e:
1- gravade unha reportaxe: Brevemente contade de qué vai, resumíndoo
2- gravade un debate: conversade sobre o tema, todo o mundo ten que decir o contrario do que pensa e defendelo.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.
Checklist da OD 👀
- Conseguiches gravar unha reportaxe?
- Conseguiches entrevistar a xente sobre temas de actualidade?
- Fuches quen de debatir, xunto cos teus compañeiros, sobre temas de actualidade?
- Conseguiches subir todas as túas gravacións á tarefa Podcast correspondente?
Se completaches a anterior lista, noraboa, completaches con éxito este cursiño! 😃