Folla de ruta da ODE (so visible para o profesorado)

A ODE 4  pertence á categoría de Posta en práctica, recurso que traballa o saber facer. Trátase de aprender a técnica para facer un pódcast dende cero e entender as súas posibilidades.


Tanto alumnado como profesorado ten á súa disposición videotitoriais que lles permitirán resolver as tarefas propostas enfocadas a inserir e gravar multimedia na aula virtual.

Alumnado: Videotitoriais. Gravar e inserir multimedia na aula virtual. Alumnos

Docentes: Videotitoriais. Gravar e inserir multimedia na aula virtual. Só docentes


Algúns videotitoriais só están dispoñibles para docentes, como ampliación de coñecimentos, e están complementados por exemplos xa realizados como H5p. A actividade Dictado ou A actividade podcast


Varias das tarefas supoñen interactuar no foro da ODEForo de consultas e dúbidas, como a 4.1, que plantexa responder ao fío "Subindo multimedia ao foro", cargando nel unha imaxe, unha música e un vídeo.


A ODE contempla recursos para traballar nas tarefas, na carpeta Foto, música e vídeo de uso libre para practicar. Aínda que o alumnado pode utilizar tamén materiais de uso libre procedente de bancos como os vistos na ODE anterior.

Última modificación: Luns, 29 de Xaneiro de 2024, 18:42