• .

    -Banner Lego

    • Presentación

      Que é LEGO-Pretexto?

      LEGO é un coñecido xogo de orixe danés que permite crear figuras e construcións armando pezas de plástico. A palabra lego procede da expresión danesa “leg godt” que significa “xoga ben”. Este proxecto xorde da idea de concibir os textos como estruturas que se constrúen cunha finalidade comunicativa concreta, que no caso dos textos seleccionados no recurso é a de contar unha historia.

      LEGO-Pretexto é un proxecto no que se implican as materias de Lingua galega e literatura e Lingua castelá e literatura co obxectivo de traballar os contidos partindo esencialmente de textos literarios narrativos.

      Este recurso dixital, destinado ao alumnado de 3º e 4º de ESO, pretende achegarse aos textos como estruturas vivas, que amosan diferentes perspectivas de análise e, por tanto, permiten acadar a aprendizaxe mediante vías moi diversas.

      Cada unidade comeza cun texto narrativo representativo dun período literario determinado. Tras a súa lectura, propoñemos os seguintes apartados para traballar esta narración mediante actividades interactivas, un proxecto e un test de autoavaliación final, co que o alumnado poderá comprobar, seguindo coa metáfora de LEGO, se xogou ben:

      Comprensión textual       Análise lingüística       Análise literaria       Proxecto transversal       Autoavaliación

      IMPORTANTE: Para poder facer as actividades propostas nos diferentes apartados é imprescindible manter sempre unha pestana onde se visualice o texto narrativo que se está a traballar ou ben descargalo en pdf e imprimilo.