Folla de ruta da ODE

A ODE 3 supón o punto de partida do segundo bloque dedicado ao saber facer e orbita sobre o tema de como xestionar e obter os recursos, na creación de pódcasts.
O alumnado enfrontarase a problemáticas relacionadas cos dereitos de autor e as posibilidades que ten de compartir e obter recursos dende a rede

Recursos:
 No pdf dos dereitos de autor, o alumnado poderá descubrir como se xestiona a autoría e as licencias creative commons.  O pdf dedicado á documentación versa sobre as posibles fontes de documentación e onde atopalas. Vencellado a isto o pdf repositorios da información de onde topar na rede os diferentes recursos dixitais que precise. Para rematar o pdf formatos da información sobre os diferentes tipos de arquivos de audio e como convertilos.

A OD inclúe ademáis unha serie  de tarefas e está na man do docente decidir se se levan a cabo na súa totalidade ou unicamente unha selección delas.