Tarefa 1.4: Bad news game👹🗞

Ides xogar ao bad news game e convertirvos nuns maléficos desinformadores, creadores de noticias falsas. Neste xogo, a diferencia do que debedes facer na vida real, trátase de crear as máis terribles estratexias para conseguir seguidores a toda costa.

Agrupádevos en parellas e intentade ganar os distintivos por impersonación, emoción, descrédito, trolling, polarización e conspiración mentres explicades que significa cada un destes termos.

Logo intentade responder a seguinte cuestión:

Que crees que motiva á xente a crear e difundir fake news?


O xogo polo de agora non ten versión en castelán, si existe en portugués e mais en inglés, pero trátase dun xogo bastante sinxelo de seguir e traducilo non é difícil.