Folla de ruta da ODE (so visible para o profesorado)

A ODE 5 pertence á categoría de Posta en práctica, recurso que traballa o saber facer. 


O alumnado aprenderá a editar son, misturando músicas, efectos de audio e voz

Elaborará as súas propias músicas subíndoos á aula virtual despoisás tarefas propostas. Ademáis gravará e mixturará o seu breve primeiro podcast, sendo con elo xa capaz de afrontar a ODE 7 e o seu proxecto final de reportaxe podcast.


VIDEOTITORIAIS

Tanto alumnado como profesorado ten á súa disposición videotitoriais, sobre o software libre Audacity, que lles permitirán resolver as tarefas propostas enfocadas a inserir e gravar multimedia na aula virtual:

Audacity. Mezcla de son. Videotitoriais


SOFTWARE LIBRE

O software proposto é Audacity, programa de edición de son có que é posible 
compoñer a nosa propia música, grabar a nosa voz e misturala con músicas, efectos de son e outras voces. Así, é un programa idóneo para grabar e editar os nosos podcasts. 

Pode descargarse dende a súa páxina oficial: https://www.audacityteam.org/

MÚSICAS E EFECTOS

A ODE contempla recursos para traballar nas tarefas propostas, na carpeta Músicas e Efectos de son. Aínda que o alumnado pode utilizar tamén materiais de uso libre procedente de bancos como os vistos na ODE 3.


EQUIPAMENTO NECESARIO

Ordenador, tablet ou móvil, para gravar a vosa voz. E o ordenador tamén para traballar con Audacity 
Auriculares (con micrófono sería o mellor)
Conexión a Internet

VISIONADOS

Estes visionados complementan o explicado sobre Samples e Loops:

Última modificación: Luns, 12 de Febreiro de 2024, 18:22