Actividades

Gañadora dos concursos EDLG

Moitos parabéns para Amalia Moreiras Plaza, alumna de francés e galego, quevén de gañar do concurso de fraseoloxía e imaxe Castaña de Ouro, por votación alumnado do Departamento de Galego. Podedes ver o seu traballo e os de todas as persoas que participaron AQUÍ. Moitas grazas a todas por participar !!!

EDLG: Concurso Fraseoloxía.

 IV Concurso de Fraseoloxía e Imaxe "Castaña de Ouro"

Para concursar é preciso escoller un refrán en galego sobre o outono e ilustralo cunha fotografía orixinal. Tamén hai que explicar brevemente o significado do refrán (en galego) e incluir un refrán equivalente (ou unha tradución literal) nalgunha das linguas que se estudan na EOI. Ver cartel
Os refráns e as fotografías enviaranse ao correo do EDLG  edlg.eoiou@gmail.com . Prazo: ata 1 decembro. A persoa gañadora recibirá un vale de 30€ para unha libraría local. Aberto a toda a comunidade educativa. Ver Bases do Concurso.

EDLG: Gañador do sorteo.

O gañador do sorteo por participar na enquisa para escoller o horario e o nome do Club de conversa en galego foi o alumno de portugués Carlos Quintela Domínguez. O seu profesor entrgaralle o agasallo. Parabéns e grazas por participar!
Por suposto, moitas grazas tamén a todas as persoas que participaron na enquisa e na primeira reunión do club.  Horario: martes de 19.00 a 20.00 horas na biblioteca da EOI . Agardámosvos !!!!!

EDLG: Club de Conversa: DALLE A LINGUA.

Retomamos O Club de conversa en galego. Horario: martes de 19.00 a 20.00  na biblioteca. Ademais, tamén estreamos nome: Dálle á lingua. Comezo: 24 de outubro, e ese mesmo día sortearemos un agasallo entre todas as persoas que participaron na enquisa do horario. Moitas grazas!
Actividade aberta a toda a comunidade educativa. Só se precisan ganas de falar galego. Agardamos vervos na biblioteca para darlle á lingua!

EDLG: Actividade.

 EDLG convoca o III Concurso de Microrrelatos Espantosos   VER CARTEL
O concurso está aberto a toda a comunidade educativa. Para participar, só hai que enviar un relato inédito, en galego, de non máis de 150 palabras ao correo: edlg.eoiou@gmail.com. Como novidade, este curso os relatos poderán ser en formato escrito ou oral, así que podedes enviar gravacións incluindo nome, lingua e curso. Data límite 3 de novembro.
Ademais, colaboraremos co alumnado do CIFP A Farixa. Nós enviarémoslles os nosos relatos e eles mandarán os seus para que escollamos os relatos gañadores, que recibirán un vale de 30 €. Podedes consultar os detalles AQUÍ e no blog do EDLG. Animádevos a participar. Vai ser terrorífico!

EDLG: Actividade

 

O curso pasado, naceu o Club de conversa en galego da EOI. O Club reuníase unha vez á semana cun obxectivo sinxelo: falar galego!
 Está aberto a toda a comunidade educativa. Se queres participar, responde a  enquisa e dinos que horario che gustaría. Ademais, queremos poñerlle un nome ben chulo ao Club: O Faladoiro, Falar por falar, Dálle á lingua, Tíralle da lingua... Que nome se che ocorre a ti? Dínolo na enquisa (ata 18 outubro) e participarás no sorteo dun agasallo.  LIGAZÓN Á ENQUISA

Distribuir contido